Verba que comenza
Aparencia
Verba que comenza | |
---|---|
Título orixinal | Verba que comenza [1] |
Autor/a | María Mariño |
Ilustrador/a | Reimundo Patiño |
Orixe | Galicia |
Lingua | Lingua galega |
Xénero(s) | poesía |
Editorial | Concello de Noia |
Data de pub. | 1990 (postumamente) |
Páxinas | 92 |
Precedido por | Palabra no tempo (1963) |
Seguido por | Más allá del tiempo (2007) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Verba que comenza[1] é un libro composto por 27 poemas, de María Mariño Carou, publicado postumamente no ano 1990.
Descrición
[editar | editar a fonte]Escribiu estes versos entre 1966 e 1967, enferma de leucemia,[2] amosando a angustia ante a inminencia do pasamento. A súa poética é radicalmente intimista, cunha linguaxe rupturista.
O volume foi rematado en marzo de 1967, dous meses antes de morrer, mais non foi publicado até 1990 da man do concello de Noia, promovido por Uxío Novoneyra e Antón Avilés de Taramancos.
“ | En Verba que comenza, Mariño Carou acusa un retorno ó seu mar nativo e as cousas que sempre envolven o seu mundo tórnanse nas do mar, que conforman, coas da serra, o áspero mundo que se resolve no seu último poema que comeza Cántos alentos pra unha fosa-Deus! / Cántas pontes para un arco!, unha composición que confirma a súa voz magoada e a constante forma que tiña de rodearse das cousas concretas.[3] | ” |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Imaxe da portada de Verba que comenza libro de homenaxe.
- ↑ Novoneyra, Uxío (maio de 1982). "Noiesa do Courel, dinamiteira da fala". A Nosa Terra (189-190).
- ↑ Fonte, Ramiro (2005). "Mariño Carou, María". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arias Chachero, Patricia (2007). María Mariño. Antoloxía poética. Galaxia. pp. 37–41. ISBN 978-84-8288-816-3.
- López-Casanova, Arcadio: "Un diario da ultimidade: (sobre dúas claves de Verba que comenza)" Arquivado 14 de febreiro de 2023 en Wayback Machine. Boletín da RAG 368, 2007.