Vinho Verde
O vinho verde é un viño producido exclusivamente na rexión dos Vinhos Verdes, localizada no noroeste de Portugal. Constitúe unha Denominación de Orixe Protexida.
Debido ás características edafoclimáticas que naquela rexión demarcada se encontran, os viños producidos, brancos ou tintos, teñen unha concentración en ácido málico superior ao que é frecuente encontrar noutras rexións de Portugal. Na produción destes viños, cando remata a fermentación alcohólica do mosto (fermentación tumultuosa), aínda non completou a vinificación. Deben ser consumidos de novos.
O viño verde é o segundo viño máis exportado despois do viño do Porto.
Tipos e castas
[editar | editar a fonte]Existen viños verdes brancos, tintos, rosados e escumosos. Existen tamén vinagres de viño verde, aguardentes de viño verde e recoñecidas bagaceiras. Os viños verdes son controlados e certificados pola Comissão de Viticultura da Região dos Vinhos Verdes, ostentando cada botella un selo de garantía de calidade.
As principais castas son, para os brancos, o Loureiro, o Alvarinho, o Arinto (coñecido localmente por Pedernã) e a Trajadura. Para os tintos son o Vinhão e para rosados o Espadeiro.
O viño verde posúe a segunda maior cota do mercado portuguesa, e é o único que presenta no último quinquenio crecementos sustentados.
Produción
[editar | editar a fonte]A produción esténdese dende o val de Cambra, ao sur do Douro, até os lindes co río Miño que forma fronteira con Galiza. O número de viñas rolda arredor da centena de millar. O clima da zona é atlántico. Os produtores son moi numerosos, o 90% deles teñen superficies menores de cinco hectáreas. As vides dispóñenas en forma de pérgola dunha altura de catro metros. Este vino elaborouse de forma tradicional a escala doméstica.
A Denominação de Origem Controlada (DOC) divide a produción de vinho verde en seis subrexións: Amarante, Ave, Baião, Basto, Cávado, Lima, Monção, Paiva, Sousa. A zona de Monção produce un bo viño albariño.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Vinho Verde |