Vitiza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 686 |
Morte | 710 (23/24 anos) Toledo, España |
Rei dos visigodos | |
700 – 710 ← Éxica – Rodrigo → | |
Rei dos suevos | |
694 – 710 | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei |
Fillos | Ardabasto, Olmund, Akhila II |
Pai | Éxica |
Irmáns | Oppas |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Vitiza[1][2][3] ou Witiza[4] foi rei de Galiza entre o ano 694 e o 710, e ademais de Hispania e Septimania dende o ano 702. Convocou o XVIII concilio de Toledo. Tratou de atraer á nobreza e aos xudeus.[5] Foi un dos últimos reis visigodos, sucedido por Don Rodrigo e precedido polo seu pai Éxica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi nomeado rei de Galicia polo seu pai,[6] quen mantivo o goberno do reino dos visigodos en tanto que o fillo rexía o dos suevos[7]. Vitiza, estableceu a corte real en Tui[8][9], e foi un gobernante máis suave có seu pai e incluso convidou ós nobres desterrados a volver ao reino, devolvéndolles as súas posesións. Antes da súa morte asociou o seu trono ó seu fillo, Akhila II, mentres que outros nobres tomaron partido por Roderik, Rodrigo, que finalmente accedería ó trono non sen oposición dos chamados vitizianos, que un ano despois, no 711, abrirían as portas da Península ós musulmáns, pondo punto e remate ó reino visigodo.
Nas crónicas do rei Afonso III, xa no século IX, dise que Vitiza rexía Galiza desde Tui, de xeito que o seu pai Éxica gobernaba o reino dos godos e o fillo o dos suevos.[7]
Uitizanem, quern rex in uita sua in regno participem fecit et eum in Tudensem ciuitatem auitare precepit, ut pater teneret regnum Gotorum et filius Sueuorum. Qui ante filii electionem regnauit annis X et cum filio a. V. (CHRONICA ROTENSIS, 4)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ López Carreira, A. (2003). Os reis de Galicia. A Nosa Terra. pp. 56–57. ISBN 978-84-96203-44-0.
- ↑ Pallares & Portela 1996, p. 160: Vitiza, para os clérigos ovetenses o concitador das desgracias que moi pronto haberían de sobrevir a España, foi asociado ó trono polo seu pai, o rei Egica, que lle ordenou que habitara na cidade de Tui. [...] a elección para Vitiza da sé en Tui faise «de maneira que o pai tivera o reino dos godos e o fillo o dos suevos».
- ↑ "Vitiza". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2190. ISBN 978-84-8288-942-9.
- ↑ "Tui". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
En 697, Witiza fixou a súa corte en Tui ata 701
- ↑ Diciopedia do século 21.
- ↑ Pallares & Portela 1996, p. 160.
- ↑ 7,0 7,1 Gil Fernandez, Juan, ed. (1985). Crónicas Asturianas. Universidade de Oviedo. ISBN 84-600-4405-X.
pater teneret regnum Gotorum et filius Sueuorum
- ↑ López Sánchez, Fernando (2009). "La moneda del reino visigodo de Toledo: ¿Por qué? ¿Para quién?". Mainake (en castelán) (Diputación Provincial de Málaga) (31): 3. ISSN 0212-078X.
- ↑ Crónica Albeldense.
Uittizza [...] Iste in uita patris in Tudense hurbe Gallicie resedit.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Vitiza". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Bronisch, Alexander Pierre (2011). "Precisiones sobre algunas informaciones históricas en la "Crónica de Alfonso III"" (PDF). Edad Media: revista de historia (en castelán) (UVa) (12). ISSN 1138-9621.
- Collins, Roger (2005). La España visigoda: 474–711 (en castelán). Crítica. ISBN 9788484326366.
- ——— (1991). La conquista Árabe 710–797 (en castelán). Crítica. ISBN 9788474234978.
- Orlandis, José (2003). Historia del reino visigodo español: los acontecimientos, las instituciones, la sociedad, los protagonistas (en castelán). Ediciones Rialp. ISBN 9788432134692.
- Pallares, Carmen; Portela, Ermelindo (1996). "Idade media". Nova Historia de Galicia. Tambre. p. 160. ISBN 84-88681-27-5.
- Sayas Abengochea, Juan José; Abad Varela, Manuel (2013). Historia Antigua de la Península Ibérica: Época tardoimperial y visigoda II. Editorial UNED. ISBN 9788436265347.
- Thompson, Edward Arthur (1998). Los godos en España (en castelán). Altaya. ISBN 9788448709204.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Vitiza. O fin da monarquía visigoda na Gallaecia . |
- Galicia na monarquía visigoda
- Reino visigodo
- Historia de España
- Lista dos reis visigodos
- Historia de Galicia
- Moeda visigoda
Vitiza Nacemento: ? Falecemento: 710
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Éxica
|
Rei de Galicia 694–710 |
Sucedido por Descoñecido |
Rei de España 702–710 |
Sucedido por Rodrigo e Akhila II | |
Rei de Septimania 702–710 |
Sucedido por Akhila II | |
Outros títulos | ||
Precedido por Éxica
|
Reis dos Visigodos 698–710 |
Sucedido por Rodrigo e Akhila II |