Voz del Pueblo (Santiago de Compostela)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Voz del Pueblo.
Voz del Pueblo | |
---|---|
Fundación | 1913 |
Remata | 1916 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Descrito por | Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Voz del Pueblo foi un periódico semanal editado en Santiago de Compostela entre 1913 e 1916.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 4 de agosto de 1913. Dirixido por Álvaro Rey Feijóo e despois por Antonio de la Cruz Díaz ata o 9 de novembro de 1914 en que foi substituído por Ramón Rivera Torres,[1] na súa redacción inicial estaba Manuel María González López e entre os seus colaboradores Juan Montes. De tendencia maurista independente e antilerrouxista, incluíu colaboracións literarias de poetas galegos. Cesou o 27 de xaneiro de 1916 (co número 137) refundido con Gaceta de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Palomares Ibáñez, Jesús María (1983). Universidad de Valladolid, ed. "Prensa y política en Galicia: la prensa periódica compostelana (1875-1936)". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (4): 391–430. Consultado o 15 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Voz del Pueblo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Pereira, Dionisio (2012). Fundación 10 de Marzo, ed. José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela. Santiago de Compostela. p. 168. ISBN 978-84-939921-0-1.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.