Saltar ao contido

Wab Kinew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Wabanakwut Kinew»)
Modelo:BiografíaWab Kinew

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Wabanakwut Kinew Editar o valor en Wikidata
31 de decembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Kenora, Canadá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premier of Manitoba (en) Traducir
18 de outubro de 2023 –
Leader of the Opposition (en) Traducir
16 de setembro de 2017 –
← Flor Marcelino (en) Traducir
Member of the Legislative Assembly of Manitoba (en) Traducir
abril de 2016 –
Lexislatura: 41st Manitoba Legislature (en) Traducir

Circunscrición electoral: Fort Rouge (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Manitoba (pt) Traducir - economía
Collège Béliveau, Winnipeg (en) Traducir
University of Winnipeg Collegiate (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor de literatura infantil Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Winnipeg Editar o valor en Wikidata
Partido políticoNew Democratic Party of Manitoba (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porimpaired driving (en) Traducir (2003) Editar o valor en Wikidata

Páxina webwabkinew.ca Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3519644 WikiTree: Kinew-2 Editar o valor en Wikidata

Wabanakwut "Wab" Kinew (/wɑːb kɪˈnuː/); nado o 31 de decembro de 1981, é un político canadense de orixe ojibwa que é o Primeiro Ministro de Manitoba. Kinew foi o dirixente do Novo Partido Demócrata de Manitoba (NDP) e líder da oposición dende o 16 de setembro de 2017. Antes de entrar en política, Kinew foi músico, locutor e administrador universitario, ademais de ser recoñecido como presentador en CBC Radio e CBC Television.[1] Kinew converteuse no primeiro Primeiro Ministro provincial de ascendencia das Primeiras Nacións, e no primeiro primeiro ministro indíxena de Manitoba dende o Primeiro Ministro métis John Norquay en 1887.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Wabanakwut "Wab" Kinew naceu o 31 de decembro de 1981 en Kenora, Ontario. Criado na Primeira Nación Onigaming dos ojibwa do noroeste de Ontario, é o fillo de Tobasonakwut Kinew,[2] un antigo xefe local e rexional e profesor de goberno indíxena na Universidade de Winnipeg, e a doutora Kathi Avery Kinew, analista de políticas.[3]

Kinew trasladouse aos suburbios de Winnipeg cos seus pais na infancia e asistiu ao Collège Béliveau,[4] unha escola de inmersión lingüística francesa, e pasou as vacacións de verán en Onigaming.[3] Graduouse na Universidade de Winnipeg Collegiate,[4] unha institución privada que, segundo dixo Kinew nunha entrevista de 2014 era "unha das mellores de Winnipeg".[5] Kinew obtivo un Bachelor of Arts en economía pola Universidade de Manitoba,[4] cursando posteriormente un máster en goberno indíxena.[6]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Kinew declarou que "experimentou asaltos por motivos raciais por parte de adultos" durante a época na que creceu nos suburbios de Winnipeg.[3]

En setembro de 2016, Kinew casou con Lisa Monkman, unha médico de familia ojibwa que exerce a medicina nunha clínica do centro da cidade.[4][7][8] A parella tivo un fillo en maio de 2017.[9] Kinew ten outros dous fillos dunha relación anterior.[3]

Kinew é trilingüe, fala ojibwa, inglés e francés.[10]

  1. DeMara, Bruce (17 de xaneiro de 2012). "CBC series 8th Fire aims to dispel native stereotypes". Toronto Star. Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  2. Colbert, Sam (15 de decembro de 2014). "Wab Kinew: behind the voice of CBC’s Q guest host". Toronto Star. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "The accidental journalist: Wab Kinew emerges as contender to host Q" Arquivado 25 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.. The Globe and Mail, 19 de decembro de 2014.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Kinew might be in queue to host Q: Guest spot last month piqued his interest." Winnipeg Free Press, 9 de xaneiro de 2015.
  5. "Wab Kinew discusses education at Thunder Bay orientation" Arquivado 31 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. Wawatay News, 18 de setembro de 2014.
  6. "Wab Kinew | Education with Impact - 2 | The University of Winnipeg". www.uwinnipeg.ca. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2023. Consultado o 2023-08-28. 
  7. "Facebook". www.facebook.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2023. Consultado o 2023-09-19. 
  8. CBC News (30 de outubro de 2014). "Indigenous physician brings unique perspective to her practice". CBC. Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2023. Consultado o 19 de setembro de 2023. 
  9. CBC News (24 de novembro de 2017). "NDP Leader Wab Kinew and wife expecting a baby". CBC. Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2023. Consultado o 19 de setembro de 2023. 
  10. ICI.Radio-Canada.ca, Zone Politique- (2023-10-04). "Qui est Wab Kinew, le premier membre d’une Première Nation à diriger une province? | Élections au Manitoba 2023 | Radio-Canada.ca". Radio-Canada (en francés). Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2023. Consultado o 2023-10-04.