Westinghouse Electric
Westinghouse Electric | |
---|---|
Planta de Pittsburgh (antes do 1888) | |
Fundación | 8 de xaneiro de 1886 |
Matriz | CBS Corporation |
Localización | Pittsburgh, Pensilvania Estados Unidos |
Fundador | George Westinghouse |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Westinghouse Electric foi unha empresa norteamericana pioneira no sector eléctrico fundada en 1886 por George Westinghouse. A empresa foi mercada por CBS en 1995 e pasou a chamarse CBS Corporation en 1997.
A empresa foi pioneira na produción eléctrica con corrente alterna, distribución eléctrica de alta tensión con patentes de Nikola Tesla e deu a coñecer a tecnoloxía da iluminación en Great Barrington, Massachusetts.
Westinghouse fabricou o primeiro motor de aviación a reacción norteamericano pero fracasou no proxecto J40. Isto fixo perder unha década á Armada dos EE.UU, e tivo que abandonar a fabricación de reactores para aviación nos anos 1950.
Historia
[editar | editar a fonte]Anos 1880
[editar | editar a fonte]Anos iniciais
- 1886 Fundación de Westinghouse Electric Company[1]
- 1889 Renomeada como Westinghouse Electric & Manufacturing Company
Anos 1890
[editar | editar a fonte]Pioneira na corrente alterna
- 1888 Invención dun contador eléctrico de indución para corrente alterna por Oliver B. Shallenberger.
- 1891 Fabricación do primeiro sistema comercial de corrente alterna (Planta de xeración eléctrica de Ames, Estados Unidos)
- 1893 Proporciona electricidade e iluminación para a World's Columbian Exposition e xeradores para Gettysburg Electric Railway.
- 1895 Instala xeradores hidroeléctricos de CA na Adams Power Plant, cataratas do Niágara para subministrar electricidade a Buffalo, Nova York (rematada en 1896).
- 1899 Funda a British Westinghouse Electric and Manufacturing Company.
1900 a 1920
[editar | editar a fonte]Crecemento e cambio
- 1901 Adquire Bryant Electric Company de Bridgeport, Connecticut, que continúa operando como unha filial.
- 1909 Introduce no mercado a bombilla de filamento continuo de tungsteno; George Westinghouse é expulsado da empresa durante a reorganización despois da bancarrota da empresa.
- 1914 Merca Copeman Electric Stove Company de Flint, Míchigan de Lloyd Groff Copeman, a empresa transládase a Mansfield, Ohio e entra no mercado do fogar (vendido en 1974 a White Consolidated Industries).
- 1915 Inicia o negocio New England Westinghouse Company. O primeiro produto é o rifle Mosin-Nagant para o exército do tsar.
- 1916 A British Westinghouse é mercada por un grupo de empresas británico, pasando a ser Metropolitan-Vickers.
- 1921 Merca Pittsburg High Voltage Insulator Company.
- Anos 1920 entra na industria da radio, coas estacións KDKA en Pittsburgh, Pensilvania e WBZ en Massachusetts.
1930 a 1940
[editar | editar a fonte]- 1932 Anuncia o rectificador Ignitron de arco de mercurio.
- 1934 Abre a sede Home of Tomorrow (fogar do mañá) en Mansfield, Ohio, para amosar as aplicacións Westinghouse do fogar.
- 1935 Completa a fundición de aceiro en continuo máis grande do mundo para Ford Motor Company, Dearborn, Míchigan.
- Anos 1930 Crea o xerador magnetohidrodinámico.
- 1937 Constrúe o primeiro acelerador industrial de átomos Van de Graaff con 5 MeV para romper átomos.
- Anos 1940 Entra no sector aeronáutico co rádar (o sector da electrónica militar foi vendido en 1996), motores a reacción, e iluminación de aeroportos, faise subministrador do exército americano producindo plástico para os cascos M1.
- 1941 Despois de anos de oposición aos sindicatos e á National Labor Relations Act, asina un acordo laboral coa United Electrical, Radio and Machine Workers of America despois da sentenza da Corte Suprema dos Estados Unidos que o obriga a cumprir a lei.
- 1943 Merca a Kentucky-Radio Corporation (Ken-Rad) en Owensboro, Kentucky de Roy Burlew por 35 000 accións da Westinghouse valoradas en 1,6 millóns de dólares.
- 1945 Troca o nome por Westinghouse Electric Corporation, e constrúe o seu primeiro ascensor eléctrico. Créase a Westinghouse Aviation Gas Turbine Division.
1950 a 1970
[editar | editar a fonte]Entra no negocio financeiro: Westinghouse Credit Corporation
- 1954 Abandona o negocio ferroviario (locomotoras e transporte).
- 1955 Fracasa o motor Westinghouse J40 deixando en terra tódolos avións F3H. Tódolos demais avións que o empregan deben cambiar a outros motores. Westinghouse é obrigada a saír do negocio dos motores de aviación.
- Anos 1960 Merca ThermoKing, inviste no transporte público (vendido en 1988); adopta o eslogan publicitario "You Can Be Sure If It's Westinghouse" (Podes sentirte seguro se é Westinghouse) para o fogar.
- Anos 1970 Vende a súa liña branca a White Consolidated Industries que pasa a chamarse: White-Westinghouse. Crea o primeiro display AMLCD (active-matrix liquid crystal display) do mundo.
- 1979 Abandona tódolos negocios relacionados co petróleo no Oriente Medio despois da Revolución iraniana.
Anos 1980
[editar | editar a fonte]- 1981 Adquire a división de televisión por cable de TelePrompter (vendida en 1985).
- 1982 Adquire o fabricante de robots Unimation. Vende a división de alumeado público a Cooper Lighting.
- 1983 Vende a súa división de iluminación a Philips.
- 1988 Vende a división de ascensores e escaleiras mecánicas ao grupo Schindler.
- 1988 Entra con Taiwan Electric nunha joint venture para fabricar motores eléctricos. Taiwan Electric merca o negocio e pasa a chamarse TECO Motor Company.
- 1988 Troca Industrial and Government Tube Division a Imaging and Sensing Technologies Corporation.
- 1988 Pecha a planta de East Pittsburgh, a cal fora a principal fábrica de Westinghouse.
- 1989 Vende o negocio eléctrico a Asea Brown Boveri Group (ABB).
1990 a 2000
[editar | editar a fonte]- 1994 Vende o negocio de distribución eléctrica e control a Eaton Corporation por mil millóns de dólares.
- 199x Separa o negocio das telecomunicacións da telefonía na Westinghouse Communications division.
- 1995 Dirixida por Michael H. Jordan, merca a empresa CBS por 5.400 millóns de dólares.
- 1996 Merca Infinity Broadcasting. Vende Westinghouse Electronic Systems, o negocio de defensa a Northrop Grumman por 3.000 millóns de dólares, creando Northrop Grumman Electronic Systems.
- 1997 Vende a maioría do negocio non relacionado cos negocios da comunicación; pasa a chamarse CBS Corporation.
- 1998 Vende o que lle queda dos sectores industriais e nuclear á BNFL, que o revende a Toshiba en 2006, quen segue a operar baixo o nome de Westinghouse Electric Company.
- 1998 CBS Corporation crea unha nova subsidiaria chamada Westinghouse Electric Corporation que opera coa marca Westinghouse.
- 1999 Véndese a Viacom, Inc.
- 2006 Viacom escíndese en dúas empresas, a nova Viacom, e a vella pasa a Viacom CBS Corporation para revivir o nome de Westinghouse.
- 2010 The Westinghouse Electric Company abriu novas oficinas centrais en Cranberry Township, Butler County, Pensilvania onde mantén o legado industrial do orixe de Westinghouse Electric Corp.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Steam Hammer, Westinghouse Works, 1904". World Digital Library. 1904-05. Consultado o 2013-07-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Timeline of Westinghouse historical events (en inglés)
- "Who Killed Westinghouse?" Arquivado 11 de decembro de 2011 en Wayback Machine. – 1997 Pittsburgh Post-Gazette article detailing Westinghouse's history and break-up (en inglés)
- The Westinghouse Legacy Pittsburgh Technology Council (en inglés)