Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Rosalía de Castro
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() | Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 6/3/2017 - 5/4/2017
SI: 11 — NON: 3 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: Breogan2008 (conversa) 6 de marzo de 2017 ás 12:03 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 06-03-2017 ata o 05-04-2017.
Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Gran traballo colaborativo amplamente actualizado e mellorado por HombreDHojalata. Moi ben ilustrado e referenciado.- --Breogan2008 (conversa) 6 de marzo de 2017 ás 12:03 (UTC)[responder]
- A favor
Concordo. --Breogan2008 (conversa) 6 de marzo de 2017 ás 12:03 (UTC)[responder]
Concordo --Castelao (conversa) 6 de marzo de 2017 ás 16:02 (UTC)[responder]
Concordo --Unhanova (conversa) 7 de marzo de 2017 ás 11:53 (UTC)[responder]
Concordo. --Chairego apc (conversa) 9 de marzo de 2017 ás 22:03 (UTC)[responder]
Concordo. --XoioÉche o que hai 10 de marzo de 2017 ás 06:28 (UTC)[responder]
Concordo. HombreDHojalata.conversa 11 de marzo de 2017 ás 14:45 (UTC)[responder]
Concordo --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de marzo de 2017 ás 14:25 (UTC)[responder]
Concordo --Atobar (conversa comigo) 13 de marzo de 2017 ás 17:58 (UTC)[responder]
Concordo. Bo traballo, parabéns. --RubenWGA (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 21:25 (UTC)[responder]
Concordo.--AMPERIO (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 20:08 (UTC)[responder]
Concordo porque é un bo exemplo do esforzo na procura da calidade (tanto deste artigo como doutros artigos asociados), tamén serve de exemplo para mostrar que a Galipedia pode achegar materiais propios ao conxunto dos proxectos Wikimedia. De seguro que hai aspectos que se poden mellorar pero en comparanza con outros artigos de calidade deste wiki a diferenza de calidade a favor deste é considerable. Un saúdo. --Prevertgl 4 de abril de 2017 ás 19:52 (UTC)[responder]
- En contra
Discordo Na miña opinión, o artigo non é o suficientemente amplo no referido á súa vida, e penso que a parte da obra tamén s epode ampliar. Hai moitísima información sobre Rosalía, moitas biografías e moito traballo feito, mais aquí a información resulta algo esquemática para todo o que podería dar de si. Ademais un artigo tan importante para Galicia nin sequera foi artigo destacado da portada (se non mirei mal), polo que se entende que nunca foi considerado un artigo bo, e agora que se fixeron moitas melloras penso que antes podería pasar por ser artigo destacado ou encadrarse nun dos Artigos Bos. --Alberte Si, dígame? 17 de marzo de 2017 ás 12:58 (UTC)[responder]
Discordo Eu penso igual que Albert, creo que a parte referida á súa traxectoria debería ser máis ampla e dar máis información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 23:50 (UTC)[responder]
Discordo, non se solucionaron os problemas máis graves que indiquei. Analizando o artigo en lingua castelá, o desa Wikipedia achega máis información do período de madurez da poetisa. Creo que a parte adicada á súa vida na que precisamente escribiu a súa obra é tremendamente curta (máis que a parte da súa infancia ou mesmo a adicada ao seu nacemento), cando debería ser a máis extensa. Trátase dun artigo moi importante para unha enciclopedia en lingua galega e as persoas que editan aquí teñen acceso a moita bibliografía sobre o tema, polo que o artigo (na miña opinión) podería ser maior, achegar máis información sobre a vida de Rosalía. O artigo está mellor do que estaba, certo, pero na miña opinión non é de calidade. Non podo votar a favor dun artigo polo simple feito de que sexa o artigo de Rosalía, teño que valorar o contido, e na miña opinión é insuficiente nalgunhas seccións. Síntoo, Piquito (conversa) 4 de abril de 2017 ás 14:26 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Creo que faltaría engadirlle o tema do código QR.--Breogan2008 (conversa) 6 de marzo de 2017 ás 12:06 (UTC)[responder]
- @Breogan2008:
Feito! Engadín o correspondente código QR en Commons e, deseguido, no artigo proposto. Apertas, --RubenWGA (conversa) 6 de marzo de 2017 ás 17:42 (UTC)[responder]
O que se lle podería engadir:
- Houbo moita produción discográfica no 150 aniversario de Cantares gallegos, por exemplo http://xabierdiaz.com/discografia/a-rosa-da-adina-2013/, mais sei que houbo máis.
- E a novela https://gl.wikipedia.org/wiki/A_memoria_da_choiva
Feito!
- E a análise de Rosalía como feminista http://consellodacultura.gal/publicacions-dixitais/lecturaonline.php?libro=2&capitulo=34&documento=3741, http://www.hmcarballeira.net/wp-content/uploads/CV-HMC-October-2016.pdf Unhanova (conversa) 7 de marzo de 2017 ás 12:29 (UTC)[responder]
Comentario O apartado "A decisión de non escribir máis en galego" ten tanta información como para ocupar tanto espazo no artigo? Creo que en comparación con outras seccións está algo sobredimensionado... Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2017 ás 23:33 (UTC)[responder]
Comentario. Sen revisar moi polo miúdo o artigo vexo o seguinte:
- Hai numerosas citas en castelán, habería que traducilas do mesmo xeito que se fai con outras linguas.
Feito! Creo que xa están traducidas tódalas citas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2017 ás 19:30 (UTC)[responder]
- Dende o punto de vista estético (e mesmo técnico) considero que hai demasiadas imaxes no artigo, con frecuencia hai dúas enmarcando o texto, o cal non me parece agradable esteticamente; por outra banda, canto maior contido gráfico máis custará cargar a páxina, eu eliminaría a galería de imaxes que aparece na sección da obra en prosa en castelán (creo que non achega moito de valor, en caso de que haxa algunha especialmente importante deixala a un lado).
- Eu eliminaría directamente a sección "galería de imaxes", xa que hai unha galería grande abondo en Commons, a maior cantidade de arquivos máis dificulta a carga, a elección das imaxes é subxectiva (quen decide as que entran na galería da páxina?), en xeral eliminaría esa sección de todos os artigos (incluídos os que eu mesmo creei).
- A sección "Formación" é tremendamente curta, eu uniríaa á anterior ("Infancia e formación"?) ou tentaría ampliala, e logo deixaría a sección "Familia", tamén algo curta (seguro que non hai nada das vivencias que tivo a parella nos sitios nos que residiu? algo tiveron que marcar a Rosalía, supoño...) Se cadra ampliando esta sección soluciónase parcialmente o problema estético das imaxes, con todo, non sei moi ben que pinta a imaxe de Murguía na sección de "Formación" se en ningures indica que coincidiron.
- Non son dos que tolean coas referencias, non pido referencias en todas as frases e/ou parágrafos, con todo, creo que a sección "Día das Letras Galegas" debería ter algunha, a sección "Obra" maís dunha, a sección "Lingua literaria", creo que os tres puntos dos que fala a sección "A decisión de non escribir máis en galego" deberían ter unha base referenciada (direi que discordo con Elisardojm, creo que se hai un aspecto da obra dunha personalidade hai que salientalo, neste caso, que se considera a Rosalía a "nai da lingua galega", creo que merece unha mención específica a explicación a por que a "nai da lingua galega" deixou de escribir nela).
- A frase Ademais, por medio dos temas tratados en Cantares Gallegos, Rosalía outorga á súa obra un carácter sociopolítico reflectindo as duras e pésimas condicións baixo as que se atopaba a sociedade rural galega, ao mesmo tempo que reivindicaba a lingua galega fronte ao castelán, e a Galicia fronte a España pode dar a impresión de politización da figura de Rosalía, especialmente cando di e a Galicia fronte a España. Non son gran coñecedor de Cantares, pero creo que unha afirmación así (refírome principalmente á última parte) debería ter unha referencia que apoiase esa visión para que malos ollos (ou ollos con malas intencións) non vexan unha utilización da figura de Rosalía con fins nacionalistas.
- En "Música" falta o disco de Abe Rábade de 2007 (Rosalía 21) con Anxo Angueira, Guadi Galego, Jesús Santandreu, Nelson Cascais e Bruno Pedroso. Seguramente máis que este, pero este é o que coñezo (se necesitas datos do disco douchos).
- Hai numerosas citas en castelán, habería que traducilas do mesmo xeito que se fai con outras linguas.
- Agradecer a Breogan2008 a proposta, era tempo xa de ter un artigo digno da figura máis relevante da literatura en lingua galega. Creo que aínda lle falta solucionar eses detalles, mais hai tempo de sobra. Tentarei revisalo cando estea próximo o peche da votación para ver se os problemas foron resoltos (ou canto menos os das referencias, as citas, as posibles ampliacións -tendo en conta tamén o sinalado por Unhanova- e a referenciación desa frase). Un saúdo, Piquito (conversa) 8 de marzo de 2017 ás 00:40 (UTC)[responder]
Comentario Na sección ültimos anos e morte dise o seguinte "Despois da súa morte, os fillos, obedecendo a súa derradeira vontade, queimaron os seus escritos." Eu non o sabía, así que pregunto: había inéditos? Pódese profundizar nesa afirmación con máis contidos e algunha referencia? Moitas grazas. --Alberte Si, dígame? 8 de marzo de 2017 ás 10:26 (UTC)[responder]
- Albert galiza, neste ficheiro PDF está a cita (na páx. 43 e nas notas na páx. 60 os títulos dalgunhas obras destruídas). No programa de radio "Luces y sombras en Rosalía" (na caixa multimedia externa) tamén citan ese feito . Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de marzo de 2017 ás 12:57 (UTC)[responder]
Comentario Na miña opinión, a sección "Familia" esquécense moitos dos anos nos que Rosalía viviu en Compostela. Polo texto semella que apenas ficou un tempiño en Galicia antes de retornar a Madrid en 1859/60. É o período de crianza de Alejandra, o momento en que falece a súa nai, o tempo no que Murguía e ela ficaron separados. Para algúns autores son anos de afastamento, non só físico, do matrimonio. Segundo o texto actual, parece que entre 1860 e 1878 non volveu a Santiago, cando estivo residindo durante longos períodos (como o de 1863-1865), e que o tempo pasado en Madrid foi maior do que foi.
- Quizais sexa bo revisar as fotos históricas de Rosalía (son 6 diferentes, de 4 estudios de fotografía, 3 composteláns e 1 coruñés). Hai algún erro (algún deles xa os modifiquei, pero para o resto hai que referenciar e non creo que sexa o mais axeitado para facelo) e engádese a imaxe de "Rosalía ós vinte anos", que na miña opinión non está probado que sexa Rosalía. Tamén hai algunha imaxe que non se recolle, pero non sei se é por temas de dereitos de autor, como a imaxe da Cardarelly descuberta por Anxo Angueira no 2013.
--Castelao (conversa) 14 de marzo de 2017 ás 19:19 (UTC)[responder]
# SecretName101 (conversa) 4 de abril de 2017 ás 01:15 (UTC)O usuario non cumpre os requisitos mínimos para votar [1][responder]
Concordo