Saltar ao contido

Axuda:Historial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Wikipedia:Historial»)
Páxina de historial dun artigo.

Toda páxina da Wikipedia ten un historial de revisións asociado que contén unha lista coas revisións previas da páxina, xunto á data e mais a hora, o nome de usuario ou enderezo IP do usuario que fixo a modificación e o resumo de edición que deu. Pódese acceder ao historial mediante a lapela "historial" que aparece na parte superior da páxina.

Uso do historial

[editar | editar a fonte]

Nun historial:

  • Todos os cambios feitos na páxina aparecen en orde cronolóxica inversa.
  • Para ollar unha versión específica, cómpre premer na data.
  • Para comparar unha versión vella coa actual, cómpre premer "actual".
  • Para comparar unha versión coa anterior, cómpre premer "anterior".
  • Para comparar dúas versións específicas, cómpre marcar a caixa da columna esquerda da versión máis vella e o da dereira da versión máis nova e logo premer no botón "Comparar as versións seleccionadas".
  • As edicións pequenas indícanse mediante un "m".

Frecha. Volver á páxina de axuda.