Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Gonipterus scutellatus, Galicia.jpg
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 7 votos a favor, ningún en contra.
Ficheiro:Gonipterus sp, Galicia.jpg[editar a fonte]
- Información: Gonipterus scutellatus. Curculiónido orixinario de Australia inimigo dos eucaliptos en España dende a década de 1990. Foto tirada en Galicia
- Imaxe creada por Jose Ramon Pato e cargada por Lmbuga tras lle solicitar en Flickr ó autor que permitise as obras derivadas e o uso comercial; proposta por Lmbuga. -- Lmbuga / Conversa comigo 11:49, 7 novembro 2009 (UTC)
- Concordo Agás que se entenda que hai vangloria pola miña parte pois a imaxe subina eu, se é así, eu mesmo mudo o sentido do voto. Propóñoa porque ademais de ter valor a imaxe en si e por achegar o único insecto que depreda os eucaliptos en Galicia, porque creo relevante gañar usuarios, en ningún caso por enaltecerme -- Lmbuga / Conversa comigo 11:49, 7 novembro 2009 (UTC)
- Concordo Eu non vexo vangloria por ningures. Unha imaxe moi boa, unha magoa non poder subir outras do mesmo autor.--PepedoCouto (dimo aquí) 13:00, 7 novembro 2009 (UTC)
- Concordo porque a foto é boa e o bicho interesante, pero lembrade que non hai bichos nin plantas bos nin malos. Iso só unha visión antropocéntrica das cousas. Pedro --Lameiro (conversa) 14:10, 7 novembro 2009 (UTC)
- Concordo Si que esta ben ! Elvira (conversa comigo) 21:03, 8 novembro 2009 (UTC)
- Concordo porque é unha imaxe de gran calidade tanto no contido como na realización. --Prevertgl 11:35, 9 novembro 2009 (UTC)
- Concordo, moi boa e supoño que difícil de facer.--RNC 15:15, 9 novembro 2009 (UTC)
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 21:52, 13 novembro 2009 (UTC)
- Comentarios
- Comentario Nun principio Jose Ramon Pato está disposto a liberar as imaxes que lle solicitemos (pois as súas imaxes teñen tódolos dereitos reservados). Con todo, dado que non considera conveniente liberar todas, creo que se lle deben solicitar se son estritamente necesarias e, unha vez subidas, comunicarlle onde foron empregadas na mesma páxina de Flickr da imaxe (con esta imaxe xa o fixen)-- Lmbuga / Conversa comigo 18:33, 7 novembro 2009 (UTC)
- Comentario Rgaría que a imaxe, por ser procedente de Flickr, fose revisada antes de ser aprobada como imaxe da semana-- Lmbuga / Conversa comigo 02:35, 31 decembro 2009 (UTC)
- A licenza que tén hoxe en Flickr leva a condición "Pas de Modification — Vous n'avez pas le droit de modifier, de transformer ou d'adapter cette création." ("Non pode modificarse. Vostede non ten o dereito de modificar, transformar nin adaptar esta creación"). Por isto nona subín a commons, pero votei a favor sabendo esto, pensado ca licenza iba mudarse. Agora na Galipedia ??? Elvira (conversa comigo) 10:10, 31 decembro 2009 (UTC)
- Efectivamente, Elvire. Voulle facer unha pregunta a Lmbuga na súa páxina de conversa. --Xabier Cid Conversa 09:32, 7 xaneiro 2010 (UTC)
- O usuario de Flickr xa variou a licenza. Síntoo, foi un despiste meu. -- Lmbuga / Conversa comigo 21:52, 7 xaneiro 2010 (UTC)