Concordo A imaxe é moi boa. Moitas veces estiven eu a punto de propola pois é a mellor da serie que cargou Pexego sobre o plumeiro da Pampa e non ten defecto ningún, ata mesmo me gusta que estean cortadas as plantas por arriba. Creo que me detivo para propola o feito de pensar que non sería unha imaxe exitosa: unha planta ten menos interese -semella- ca un cruceiro ou unha igrexa, pois non é cultura, ...ou algo así. Eu non o entendo, pero creo que quen así o considere ten certa razón, pois as imaxes da semana deben de seguir un tanto -non sempre- as apreciacións que fai a sociedade--Lmbuga / Conversa comigo 21:22, 30 decembro 2009 (UTC)