Saltar ao contido

Wikipedia:Ligazóns interlingüísticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Wikipedia:Interwiki»)
Atallo:
WP:IW
Véxase tamén: Wikipedia:Wikidata.

Como extensión ás posibilidades que ofrecen as ligazóns xerais, é posible engadir ligazóns interlingüísticas a artigos sobre o mesmo tema nunha Wikipedia noutra lingua. Permiten que os visitantes poidan pasar facilmente do artigo nunha lingua a un artigo equivalente noutra lingua. Aparecen nun ou dous lados das páxinas (no estilo Monobook, o máis habitual, na esquerda, baixo "outras linguas", en Classic na parte superior e na inferior). Mostran os nomes das linguas nas que existe unha ligazón.

Desde marzo de 2013, os interwikis que aparecen nos artigos atópanse aloxados en Wikidata, unha base de datos común para as Wikipedias en todos os idiomas.

Interwikis en Wikidata

[editar a fonte]

A maneira máis rápida de acceder a Wikidata para engadir ou modificar as ligazóns interlingüísticas é premer no botón «Editar as ligazóns» que aparece ao final do encabezado «noutros idiomas»; ao facelo abrirase a páxina de Wikidata dese artigo. Se o artigo nesta Wikipedia non está engadido en Wikidata pódese, se o coñece, ir ao artigo equivalente noutro idioma e acceder da mesma maneira.

Tamén desde Wikidata é posible pescudar se un artigo ten ou non páxina dun elemento alí. A mellor maneira de ver se Wikidata xa ten unha páxina para o elemento que se desexa agregar é utilizar a procura de elementos por títulos. Na barra esquerda da pantalla hai unha ligazón con esta procura de forma predeterminada -é o quinto elo da parte superior e titúlase Item per article ou «Elemento por título»-. A páxina de procura ten dous campos de entrada. No campo da esquerda, que di «Sitio», ponse a linguaxe da Wikipedia na que aparece o artigo. Ao comezar a escribir, o campo crea un menú despregable para axudar a seleccionar o idioma desexado. No segundo campo, «Páxina», debe porse o título exacto da páxina tal como aparece en letras grandes na parte superior da páxina na Wikipedia. Se Wikidata ten unha páxina sobre ese tema, a procura levará a esa páxina.

Crear un elemento

[editar a fonte]

Se falta un elemento pódese crear. Para logralo hai que premer na ligazón situada na parte de abaixo da procura de elementos por título ou ben premer en Crear un novo elemento. Por defecto esta ligazón será a cuarta a contar desde arriba. Desde calquera destas ligazóns chegarase a unha páxina que pedirá que se lle dea á nova entrada unha etiqueta e unha descrición, cuxo propósito é diferenciar dous ou máis elementos co mesmo título. Se se utilizou a procura de elementos por título, a interface incluirá tamén os dous campos que xa se encheron na procura. Se se usou a ligazón de crear un novo elemento haberá que encher todos os campos e premer en ⧼wikibase-createentity-submit⧽ cando se remate.

Engadir interwikis

[editar a fonte]

Para engadir unha ligazón hai que ir á sección da páxina situada debaixo do gran encabezado que di Ligazóns de sitio e premer no botón de [engadir] na fila baleira. Aparecerán dous campos en branco, un que di «sitio» e outro que di «artigo». No campo que di «sitio» engádese o idioma da Wikipedia na que o artigo aparece. No campo que di «artigo» ponse o nome do artigo tal como estea escrito no título da correspondente Wikipedia. Ambos os campos conteñen listas despregables que axudarán a completar a información unha vez que se empezou a escribir. Cando se enchan ambos campos haberá que premer en [gardar].

Agora pódese engadir o resto de interwikis de forma manual segundo o paso anterior ou ben usar o accesorio slurpInterwiki para facelo automaticamente. Para activar slurpInterwiki hai que ir a «Preferencias» na barra da parte de arriba á dereita da pantalla, alí premer na pestana de «Accesorios» e logo volver premer na caixa de slurpInterwiki. Unha vez feito isto terase unha ligazón no menú lateral esquerdo que dirá «Importar interwikis». Se se preme nesta ligazón aparecerá unha xanela que se poderá usar para encher automaticamente o resto de interwikis.

Cambiar unha entrada

[editar a fonte]

Os campos etiqueta, descrición, alias e interwikis son editables. Para editar unha entrada xa existente débese premer no botón [editar] na liña que se queira e engadir ou corrixir a información. Despois hai que premer en [gardar]. Se un alias ou un interwiki son incorrectos pódense eliminar. Para facelo primeiro presiónase o botón [editar] na liña que se queira e despois presiónase a X azul na caixa do alias que se desexe eliminar ou se presiona o botón de [eliminar] no caso dun interwiki. Despois prémese en [gardar]. O dato desaparecerá inmediatamente e será eliminado da base de datos.

Interwikis locais

[editar a fonte]

Con anterioridade á creación de Wikidata as ligazóns interlingüísticas incluíanse no artigo e cada Wikipedia era responsable do mantemento das listas. Por exemplo, se unha páxina nun idioma desaparecía ou cambiaba de nome, o interwiki correspondente debía eliminarse ou modificarse independentemente en cada unha das Wikipedias en outros idiomas. Na maior parte dos casos estas ligazóns poden eliminarse, sempre e cando se verifique que as listas de ligazóns locais e de Wikidata concordan.

Véxase tamén

[editar a fonte]

Outros artigos

[editar a fonte]

Frecha. Volver á páxina de axuda.