Saltar ao contido

Windows Me

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Windows ME»)


O sistema operativo Windows ME foi posto no mercado xeral o 14 de setembro do ano 2000[1], e foi o último de Microsoft baseado en MS-DOS. Era un sistema operativo que seguía a ter problemas de estabilidade e, ademais, na mesma data apareceu o Windows 2000, que era máis estable, xa que usa o sistema de ficheiros NTFS en lugar do FAT -que xa estaba anticuado-. Basicamente non introducía melloras moi significativas con respecto ao Windows 98 SE, talvez maior número de drivers e maior compatibilidade con dispositivos multimedia.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.