Wulfthryth de Wessex
Aparencia
(Redirección desde «Wulfrida de Wessex»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX |
Familia | |
Familia | Casa de Wessex (pt) |
Cónxuxe | Aethelred I de Wessex (868 (Gregoriano)–) |
Fillos | Aethelwold aetheling, Aethelhelm |
Wulfrida, Wilfrida ou Wulfthryth (fl. 868) foi raíña consorte do reino de Wessex polo seu matrimonio co rei Aethelred I.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco se sabe de Wulfrida. Aparece como testemuña nunha carta de 868, onde ostenta o título de Regina ("raíña")[1]. Dita carta aparece no Codex Wintoniensis, con todo Wulfrida non aparece en ningunha das fontes primarias[2]. Stephanie Hollis sinala que en 868 foi o ano do matrimonio de Alfredo «o Grande» cunha merciana e que "o nome Wulfthryth semella merciano".[3]
Wulfrida é, posiblemente, nai de Aethelhelm e de Aethelwold, este último liderou unha revolta co fin de ocupar o trono[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Reconstructing a royal family: reflections on Alfred". People and Places in Northern Europe, 500-1600: Essays in Honour of Peter Hayes Sawyer (en inglés). Boydell & Brewer.
- ↑ Select English Historical Documents of the Ninth and Tenth Centuries (en inglés). Cambridge University Press.
- ↑ Anglo-Saxon Women and the Church: Sharing a Common Fate (en inglés).
- ↑ Edward the Elder 899-924 (en inglés).