Escrita maia
Aparencia
(Redirección desde «Xeróglifos maias»)
Escrita maia | |
---|---|
Glifos maias no Museo de sitio en Palenque, México | |
Tipo | Logográfico Logograma e silábico |
Linguas | Linguas maias |
Período de uso | Século III - presente |
Código ISO 15924 | Maya, 090 |
Dirección da escrita | Mixta |
A escrita maia, tamén coñecida como glifos maias ou xeróglifos maias, é o sistema de escrita da civilización maia de Mesoamérica, actualmente o único sistema de escrita mesoamericano que foi descifrado. As máis antigas inscricións atopadas datan do século III e foron descubertas en San Bartolo, Guatemala.[1][2] A escrita maia mantívose en uso en Mesoamérica até pouco despois da chegada dos conquistadores españois no século XVI, e até o século XVIII en certas áreas illadas, como Tayasal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ K. Kris Hirst (6 de xaneiro de 2006). Science, ed. "Maya Writing Got Early Start". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2013. Consultado o 04 de novembro de 2015.
- ↑ The New York Times, ed. (10 de xaneiro de 2006). "Symbols on the Wall Push Maya Writing Back by Years". Consultado o 12 de maio de 2010.