Gervasio Paz Lestón
Aparencia
(Redirección desde «Xervasio Paz Lestón»)
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1898 ![]() Serantes, España ![]() |
Morte | 23 de outubro de 1977 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
![]() |
Gervasio Paz Lestón, nado en Serantes (Muxía) o 23 de outubro de 1898 e finado en Buenos Aires o 23 de outubro de 1977, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Emigrou a Arxentina en 1911 e entrou a traballar nun almacén que rexentaba o seu pai. Regresou a Galicia entre xullo de 1925 e marzo de 1926. Foi secretario da Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía e impulsou o Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía onde publicou poemas en galego asinados ás veces cos pseudónimos Alma Nobre e Buserán. Dirixiu a revista Alborada.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Sara Narbaiz o 23 de xuño de 1928.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Villar, Miro (1998). "Xervasio Paz Lestón (1898-1977), un poeta galego na emigración arxentina" (PDF). Estudios Migratorios (CCG) (5).