José Alonso Obregón
Aparencia
(Redirección desde «Xosé Alonso Obregón»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1883 Laza, España |
Morte | decembro de 1936 (53 anos) Laza, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, xornalista, escritor |
José Alonso Obregón, nado en Laza o 13 de febreiro de 1883 e finado no mesmo concello en decembro de 1936, foi un sacerdote, escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sacerdote, foi párroco de Taborda até 1911 e colaborou en La Voz del Tecla. Trasladouse despois á parroquia de Cerdedelo, á do Castro de Laza e á de Xinzo de Limia. Asinaba co pseudónimo O Fidalgo de Monterrey. Reuniu varios cadros en galego na obra narrativa costumista N-a miña aldea, que se publicou en Ourense en 1928; nese texto está a primeira descrición dos peliqueiros do entroido de Laza.[1] Colaborou en El Compostelano e Heraldo de Galicia.
Obras
[editar | editar a fonte]- N-a miña aldea, 1928.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Amado Rolán, Nieves (febreiro de 2011). "Os antigos traxes de peliqueiro de Laza". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 19 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Alonso Obregón, Xosé" in Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
- "Alonso Obregón, José" in Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada