Xosé Castro Celeiro
Aparencia
(Redirección desde «Xosé Castro (fotógrafo)»)
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1942 (82 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xosé Castro.
Xosé Castro Celeiro, "Pepucho", nado na Coruña o 27 de setembro de 1942, é un fotógrafo e fotoxornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comeza a traballar na empresa local Foto Blanco e a partir da década dos sesenta publica e colabora con distintos medios, e principalmente La Voz de Galicia. En 1981 participou na viaxe do Xurelo á Foxa Atlántica, onde realizou un traballo fotográfico que axudou na paralización das verteduras radioactivas. En 1986 entrou a traballar no xornal coruñés, ao que segue vencellado laboralmente.
Realizou diversas exposicións colectivas e individuais, e recibiu premios en Galicia e Corea do Sur.