Xosé Manuel Moo
Aparencia
(Redirección desde «Xosé Manuel Moo Pedrosa»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 ![]() Salvaterra de Miño, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | editor literario , tradutor , filólogo ![]() |
Empregador | Edicións Xerais de Galicia ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Xosé Manuel Moo Pedrosa, nado en Salvaterra de Miño en 1973, é un editor[1] e tradutor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciado en Filoloxía pola Universidade de Vigo. Tras exercer a docencia en Vigo como profesor de Lingua galega na Facultade de Tradución e Interpretación, en 1999 comezou a traballar con materiais para o ensino e en 2001 entrou a traballar en Edicións Xerais de Galicia, como coordinador editorial en diversas áreas.
Na súa faceta de tradutor, cómpre sinalar que foi o encargado de trasladar ao galego a obra Fariña do autor coruñés Nacho Carretero ou A rebelión dos coellos de Ariel Dorfman.