José Mouriño Estévez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1866 Sabuz, España |
Morte | 29 de xullo de 1928 (61 anos) Bogotá, Colombia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | historiador , frade |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
José Mouriño Estévez, nado en Sabuz (Anfeoz, Cartelle) o 28 de decembro de 1866 e finado en Bogotá o 29 de xullo de 1928, foi un frade historiador galego, tamén coñecido polo pseudónimo de Marqués de Sabuz.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1881 ingresou no colexio dos agostiños de Valladolid, tomando o hábito en 1882. Estudou en Burgos e no Escorial, adicándose ao ensino dende 1883. Foi destinado ás Filipinas en 1890 e a Colombia en 1896.
Obra
[editar | editar a fonte]Como redactor da revista agostiña España y América publicou máis de 160 artigos sobre literatura galega, segundo Couceiro Freijomil non sempre acertados[1].
Algúns dos seus traballos están recollidos en La literatura medioeval en Galicia, con prólogo de Bruno Ibeas, editado en Madrid pola Compañía ibero-americana de publicaciones no ano 1929.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1952). "Mouriño Estévez, José". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 459.
- ↑ "Libros y revistas". La Vanguardia (en castelán). 12 de xullo de 1929.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gran Enciclopedia Galega, Mouriño Estévez, José.
- Enciclopedia Galega Universal, Mouriño Estévez, Xosé