Saltar ao contido

Sexto Xulio Africano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xulio Africano»)
Modelo:BiografíaSexto Xulio Africano
Nome orixinal(la) Sextus Iulius Africanus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 160 Editar o valor en Wikidata
Aelia Capitolina, Israel, preto do lugar Editar o valor en Wikidata
Mortec. 240 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, historiador, filósofo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHéraclas de Alexandria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1327348

Sexto Xulio Africano, nado en Xerusalén sobre o 160 e finado sobre 240, foi un historiador e apoloxista helenista de influencia cristián-africana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Aelia Capitolina (antiga Xerusalén). Foi oficial ao servizo do emperador Septimio Severo. Alexandre Severo encargoulle organizar unha biblioteca para el en Roma. Estableceu certa amizade con Oríxenes. Viviu en Nicópole, Palestina (Emaús) de onde foi bispo "segundo a tradición" (cousa posibelmente falsa). Morreu en Xerusalén cara ao ano 250.

Escribiu unha obra chamada Crónicas[1] (cronografía), a primeira historia sincrónica do pobo grego e xudeu, desde a data da Creación (-5500 segundo os seus cálculos) ata a época de Heliogábalo (221). Os cinco libros das súas Crónicas, dos que só perduran algúns fragmentos, son referencia obrigada para os escritores Eusebio de Cesarea, Xurxo Sincelo, Cedreno, o redactor da Crónica Paschale e outros posteriores. Xulio Africano copiou de Manetón, adaptándoo á súa mentalidade de cristián africano, redactando con afán apoloxético máis que de historiador.