Xulio Maside
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1933 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 11 de abril de 2022 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | María Esther Rodríguez Losada ![]() |
![]() ![]() |
Xulio Maside Medina, nado en Vigo o 9 de abril de 1933 e finado en Santiago de Compostela o 11 de abril de 2022,[1] foi un pintor, intelectual e médico galego. Especialista en anestesioloxía, exerceu na sanidade pública durante máis de corenta anos, ao tempo que colaborou como ilustrador e gravador na prensa diaria. Desenvolveu o seu labor artístico nos seus estudios de Santiago de Compostela e Perdecanai.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xulio Maside forma parte da xeración da posguerra, cun rupturismo fronte á pintura da xeración dos renovadores á que pertenceu o seu tío Carlos Maside. Na creación de Xulio Maside hai aspectos que obedecen a tradición e ás ensinanzas recibidas no estudio de Carlos Maside, xunto a outros aspectos que obedecen á plena incorporación da súa pintura as correntes internacionais.
Como activista social, cría na bondade do asociacionismo, defendía dignificar a vida dos artistas por medio da sindicación. Unha das súas maiores preocupacións era establecer fortes vencellos no seo da sociedade por medio do dereito a educación e a valoración da cultura, así xurdiron a Agrupación Cultural O Galo, da que foi cofundador, “O Taller de gravado” en Compostela, para a promoción dos artistas por medio das axudas e bolsas para viaxes de estudios. Interesado pola problemática social dos artistas, presidiu durante os anos 70 e 80 a Asociación Galega de Artistas Plásticos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falece Xulio Maside, figura chave da pintura galega da segunda metade do século XX". Nós Diario. 11 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diccionario enciclopédico galego universal. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 295.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fonte, Ramiro et al. (2005). "Maside Medina, Xulio". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Mercedes Rozas Caeiro. 2014. "Xulio Maside". Catálogo da mostra no Auditorio de Galicia en 2014. Santiago de Compostela. Tórculo Comunicación Grafica, S.L. Depósito Legal: C1619-2014.
- María Esther Rodríguez Losada. "Xulio Maside, Obra Recente 2014-20". Tórculo Comunicación Gráfica, S.A. Depósito Legal: C 341-2021.
- María Esther Rodríguez Losada. "Xulio Maside". Deputación Provincial da Coruña. Deposito Legal: C-2000-2021. ISBN: 978-84-9812-391-3
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bibliografía de pintura gallega en Pintoresgallegos.com (en castelán).
- Fundación Eugenio Granell
- Xulio Maside no Museo Virtual da Universidade de Santiago