Saltar ao contido

Zamarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Home vestindo unha zamarra.

Unha zamarra é unha peza de vestir rústica, propia dos pastores vascos, feita de pel, la ou tecido groso.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, a zamarra utilízase sen mangas, amodo de chaqueta; conta cunha abertura dianteira e péchase por medio de botóns, cremalleira ou calquera outro sistema similar.[4]

Aínda que ancestralmente utilizada por pastores e labregos para protexerse do frío, tamén se usa como complemento estético ou como selo de identidade.

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-21. 
  2. "zamarra". DIGALEGO (en castelán). Consultado o 2025-01-21. 
  3. Lewandowski, Elizabeth J. (2011-10-24). The Complete Costume Dictionary (en inglés). Scarecrow Press. p. 323. ISBN 978-0-8108-7785-6. 
  4. Trasorras, Joaquín José Cuéllar (2020-03-02). Estudio antropológico de la obra de Álvarez de Sotomayor (en castelán). Universidad Almería. p. 122. ISBN 978-84-1351-003-3.