Zora Neale Hurston
Zora Neale Hurston, nada en Notasulga (Alabama), o 7 de xaneiro de 1891 e finada o 28 de xaneiro de 1960, foi unha antropóloga e escritora norteamericana.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hurston naceu nunha pequena aldea de Alabama chamada Notasulga, pero a familia mudouse para Florida sendo ela era unha pícara. Estudou antropoloxía e traballou con Franz Boas e Margaret Mead. Foi unha figura destacada do Harlem Renaissance e empregou os seus coñecementos e estudos antropolóxicos para dar forma as súas novelas verbo da comunidade negra de Florida. En 1937 visitou Haití para estudar o vodú. Nos seus últimos anos tivo problemas de saúde e financeiros, feito que a levaría a vivir nunha residencia. En 1975 Alice Walker escribiu para a revista feminista Ms. o artigo "In Search of Zora Neale Hurston" reivindicando a súa figura e mais a súa reputación literaria.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- How It Feels to be Colored Me (1928)
- Jonah's Gourd Vine (1934)
- Mules and Men (1935)
- Their Eyes Were Watching God (1937). Traducido en 1993 como O seu olhar posto em Deus por Elvira Souto, publicado en Laiovento.
- Moses, Man of the Mountain (1939)
- Dust Tracks on a Road (1942)
- Seraph on the Suwanee (1948)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Zora Neale Hurston". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-05-13.
- ↑ Boddy, Kasia (2003-03-22). "Harlem heroine" (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2020-05-13.