Cartel (1945)
Cartel | |
---|---|
País | España |
Lugar | Vigo |
Fundación | 1945 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cartel foi unha revista editada en Vigo entre 1945 e 1946.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulada Revista de la vida gallega e dende o número 3 Revista de Galicia, apareceu en decembro de 1945. Revista cultural quincenal, pódese considerar como a continuación de Cartel que aparecera en 1937 dirixida por Antonio Otero Coira, que agora é o administrador da revista.[1] Dirixida por Xulio Sigüenza, entre os seus colaboradores estaban Victoriano Taibo, Ánxel Fole, Antonio Noriega Varela, Luís Amado Carballo, Salvador Lorenzana, Francisco Mayán, Manuel Fabeiro e Xosé Outeiriño Blanco. Aparecían fotografías de Cameselle e Pacheco, artigos sobre música, xeografía, pintura e cine, e seccións dedicadas aos ecos de sociedade, ás estreas de cine e teatro ou ás actividades dos galegos no estranxeiro, como a estrea en París de Divinas palabras de Valle-Inclán ou as exposicións de Laxeiro en Madrid. O último número coñecido é o 12, un extraordinario dedicado ao Apóstolo Santiago, aparecido en xullo de 1946.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cartel, 1-6-1946, p. 15.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Cartel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.