Saltar ao contido

Chris Quinn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChris Quinn

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Nova Orleáns, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Notre Dame (pt) Traducir
Dublin Coffman High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura188 cm Editar o valor em Wikidata
Peso84 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , adestrador de baloncesto Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata - 2013 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Northwestern (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNBA G League, National Basketball Association e NCAA Division I men's basketball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- BC Khimki
- Valencia BC
- Miami Heat
- Brooklyn Nets
- San Antonio Spurs
- Cleveland Cavaliers
2002-2006 Notre Dame Fighting Irish men's basketball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Christopher James Quinn, nado o 27 de setembro de 1983 en Nova Orleáns, Luisiana, é un ex xogador profesional de baloncesto. Cunha altura de 1,88 metros xogaba na posición de base. Actualmente traballa como adestrador asistente dos Miami Heat.

Instituto[editar | editar a fonte]

Quinn asistiu ao Instituto Dublin Coffman en Dublin, Ohio, onde estableceu 14 récords e foi nomeado Xogador do Ano por Columbus Dispatch Agonis en 2002. Foi elixido tamén en dúas ocasións no mellor quinteto estatal do ano, xogador do ano da Ohio Capital Conference e segundo na votación do "Mr. Basketball" de Ohio no seu ano sénior. Quinn liderou ao seu equipo aos campionatos de conferencia de 2001 e 2002, ademais de proclamarse campión de distrito en dúas ocasións.

Universidade[editar | editar a fonte]

Na Universidade de Notre Dame pasou tres anos, sendo o co-capitán en dúas ocasións. Xogou 122 partidos, 80 coma titular, e fixo 11,1 puntos, 3,5 asistencias, 2,7 rebotes, 1,27 roubos e 31,3 minutos cun 44,7% en tiros de campo, 41,7% en triplas e 82,5% en tiros libres. Coma sénior, foi elixido no mellor quinteto da Big East Conference tras facer 17,7 puntos, 6,5 asistencias e 3,8 roubos por partido, liderando ao equipo en anotación, asistencias e empatado en roubos de balón. A tempada anterior foi seleccionado para disputar o Big East Academic All-Star, xogando na campaña 27 partidos e asinando 13,1 puntos, 3,2 asistencias e 2,9 rebotes. Coma sophomore os seus números foron 14,3 puntos e 3,3 asistencias por partido, e coma freshman 3,9 puntos e 1,6 rebotes, sendo seleccionado para o Big East Academic All-Star.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Despois de non ser drafteado, Miami Heat fichouno coma axente libre no verán de 2006. Na súa primeira tempada na liga, Quinn disputou 42 partidos, un deles coma titular, facendo 3,4 puntos, 1,5 asistencias e 0,7 rebotes en 9,7 minutos na pista. Quinn fixo a mellor anotación da súa traxectoria na NBA o 15 de abril do 2009 contra os Detroit Pistons, cando anotou 26 puntos. Anotou 19 dos 30 últimos puntos dos Heat naquel partido.

O 21 de xullo de 2011, fichou polo BC Khimki.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Khimki brings back Mozgov, adds Quinn". EuroLeague.net. 21 de xullo de 2011. Consultado o 21 de xullo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]