Coñecemento

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O coñecemento é, por unha banda, o estado de quen coñece ou sabe algo, e doutra banda, os contidos sabidos ou coñecidos como patrimonio global da humanidade. Por exemplo, un coñecemento amplamente compartido nas sociedades actuais é o feito de que a Terra é xeoide.

Por extensión, adoita chamarse tamén "coñecemento" a todo o que un individuo ou unha sociedade dados considera sabido ou coñecido. Neste sentido, diríase por exemplo que a existencia de bruxas e trasgos era consabida (coñecida) na Idade Media, ata se, desde o punto de vista actual, estas crenzas son infundadas e non constitúen propiamente coñecementos.

Sen dúbida, as ciencias constitúen unha dos principais tipos de coñecemento. O coñecemento, a súa natureza, a súa variedade, o xeito como é adquirido, o proceso de adquisición, os seus valores e o seu papel nas sociedades humanas, estúdanse nunha variedade de disciplinas, incluíndo a filosofía, a epistemoloxía, a psicoloxía, as ciencias cognitivas, a antropoloxía e a socioloxía.

[editar] Algunhas definicións

O coñecemento é a conciencia e o entendemento dos feitos, verdades ou información gañadas na forma da experiencia ou do aprendizaxe. O coñecemento é unha apreciación da posesión dos detalles interconectados que, no aislamento, son de menor valor.

O coñecemento é un término con moitos significados segundo o contexto, pero polo xeral está relacionado con tales conceptos coma o significado, a información, a instrucción, a comunicación, a representación, o estudio e o estímulo mental.

O coñecemento é distinto da información simple. Tanto o coñecemento como a información consisten en declaracións verdadeiras, pero o coñecemento é a información que ten un obxectivo ou o emprego. Os filósofos describirían isto como a información asociada coa intencionalidade. Chaman ó estudio do coñecemento: epistemoloxía.

Unha definición común de coñecemento é que consiste na crenza xustificada verdadeira. Esta definición proven do Theaetetus de Platón.

Que constitúe o coñecemento, a certeza e a verdade son cuestións polémicas. Estas cuestións son discutidas por filósofos, científicos sociais e historiadores. Ludwig Wittgenstein escribíu Sobre a certeza -aforismos acerca destes conceptos- explorando as relacións entre o coñecemento e a certeza.

Ferramentas persoais