Coruña Moderna
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Coruña.
Coruña Moderna | |
---|---|
País | España |
Lugar | A Coruña |
Lingua | lingua castelá |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Coruña Moderna foi unha revista editada na Coruña entre 1905 e 1906.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulada Revista semanal, apareceu o 6 de marzo de 1905. Informaba sobre a actualidade política da Coruña e de Madrid, especialmente do goberno dirixido por Antonio Maura. Tiña as seccións: “De cocina”, “Memorándum de la semana” e “Marinedina”, que contiña artigos sobre temas de actualidade mesturados con ironía e composicións poéticas, asinados polo pseudónimo El ciego de la esquina. Entre os seus colaboradores estaban Eduardo Pondal, Valle-Inclán (que publicou un fragmento da Sonata de Otoño), Emilia Pardo Bazán, Enrique Labarta Pose e Wenceslao Fernández Flórez. Cesou a súa publicación co número 44 en xaneiro de 1906.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.