Dicionario
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un dicionario é un lista de termos ou palabras coas súas definicións. Tamén se consideran dicionarios as compilacións de carácteres, iconas, símbolos coa súa representación gráfica. Moitos dicionarios inclúen información extra:pronuncia, etimoloxía, exemplos de uso, ilustracións e a maior parte dos dicionarios están en formato libro. As palabras ordenánse alfabeticamente.
A diferenza entre entre dicionario e unha enciclopedia está en que un dicionario céntrase no significado e uso das palabras, mentres unha enciclopeia intenta recompilar e organizar o coñecemento sobre temas moi variados.
Índice |
[editar] Tipos de dicionarios
- Dicionarios de definicións (é o máis habitual)
- Dicionarios bilingües
- Dicionarios de sinónimos
- Dicionarios de antónimos
- Dicionarios de rimas, chamados tamén inversos. En galego temos o antigo exemplo de:
-
- Ibañez Fernández, Jose (1956): Diccionario galego da rima e galego-castelán. Madrid: Marsiega.
- Dicionarios conceptuais, onomasiolóxicos ou ideolóxicos, tamén chamados inversos ou ás veces tesauros
- Dicionarios de frecuencias
- Dicionarios etimolóxicos
- Dicionarios de autoridades
- Dicionarios históricos
- Dicionarios visuais
[editar] Dicionario prescritivo
Unha diferenza fundamental en linguas con Academias normativizadoras é a existente entre dicionario descritivo e dicionario prescritivo. Cando unha institución ten poder para sancionar (normalmente, en lexicografía denomínase sanción ou validación ao refrendo positivo do uso, non á proscrición, negativa), esta publica as súas conclusións lexicolóxicas nun dicionario. Isto pasa en poucas linguas (para o castelán pola RAE, para o galego pola RAG, para o italiano pola Accademia della Crusca, etc.), porque a maioría non teñen unha autoridade validadora. Isto permite establecer bases lingüísticas claras para o ensino e a lexislación, pero diminúe a velocidade de reacción e adaptación da lingua oficial aos novos tempos, posto que a distancia entre lingua oficial e usada é maior.
[editar] Véxase tamén
|
|
|---|
| Subdisciplinas: semántica léxica | semántica gramatical | onomasioloxía | semasioloxía |
| Métodos: análise sémica |
| Unidades: significado | acepción | sema | semema | arquisemema | clasema | campo semántico |
| Relacións: monosemia | polisemia | homonimia | sinonimia | relacións de inclusión | antonimia |
| Perspectiva cognitiva: categorización | metáfora | metonimia |
| Temas relacionados: denotación | connotación | virtuema | lexema | lexicoloxía | lexicografía | dicionario |