Saltar ao contido

Félix Rodríguez de la Fuente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFélix Rodríguez de la Fuente

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1928 Editar o valor em Wikidata
Poza de la Sal, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de marzo de 1980 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Shaktoolik, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteaccidente ou incidente de aviación Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBurgos cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultad de Medicina (Universidad de Valladolid) (en) Traducir - Licentiate of Medicine (en) Traducir (1946–1953) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCetrería, etoloxía, natural science (en) Traducir e ecoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiofilia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata - 14 de marzo de 1980 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRTVE
Base Aérea de Torrejón de Ardoz
Editorial Salvat (pt) Traducir
Vocento
Aeroporto de Adolfo Suarez Madrid-Barajas Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeQ124351766 (1966–1980)
PaisSamuel Rodríguez Rodríguez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Q124351772 Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0735617 BNE: XX1054581 Musicbrainz: 3b8bd223-f6c6-4bf3-85b7-022f7f6aac36 Discogs: 5226911 Find a Grave: 7758535 Editar o valor em Wikidata

Félix Samuel Rodríguez de la Fuente, nado en Poza de la Sal (provincia de Burgos), o 14 de marzo de 1928 e finado en Shaktoolik, Alasca, o 14 de marzo de 1980, foi un etólogo e divulgador ambientalista español. Licenciado en Medicina e autodidacta en bioloxía, foi pioneiro na defensa da natureza no Estado español. Sonada foi tamén a súa serie documental El Hombre y la Tierra, emitida por Televisión Española por primeira vez entre 1974 e 1980.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non comezou a súa escolarización ata 1938, polo que as súas incursións na natureza foron continuas durante toda a súa nenez, o que fixo que nacera nel unha sensación de proximidade cara á vida, tanto animal como vexetal, asimilando as relacións existentes entre tódolos integrantes do ecosistema. En Valladolid estudou Medicina, aínda que as súas saídas ó campo para observar a natureza seguían sendo moi habituais. Os falcóns que tanto chamaban a súa atención foron a causa da súa paixón pola cetrería. Tivo grande influencia nel o biólogo José Antonio Valverde, un dos creadores do Parque Nacional de Doñana.

En 1965 Félix aparece no programa Fin de Semana de Televisión Española cos seus falcóns, chamando a atención do público que insistía en velo novamente. Isto faría que tivese pequenas aparicións en televisión. O seu primeiro documental, Señores del Espacio (realizado grazas ó rei Saud de Arabia e varios aristócratas) tivo o suficiente éxito como para que lle permitise estudar en profundidade o comportamento dos lobos, chegando a convivir cunha manda. Ao ano seguinte dirixe a película Alas y garras, da cal tamén foi guionista, acadando o Arquero de Bronce do Festival de Cine de Xixón. Posteriormente participou en varios programas de radio e televisión, entre os que destaca Planeta Azul. Viaxou por África e percorreu, entre outros países, Tanzania e Kenya onde fixo cinco episodios da serie A toda plana. Foi o coordinador dos equipos que elaboraron e publicaron as coleccións de libros tituladas: Fauna, Los Cuadernos de Campo e Fauna Ibérica. Co título desta última tamén realizou un programa televisivo.

No plano do activismo medioambiental, colaborou na fundación da Asociación para la Defensa de la Naturaleza (Adena), a delegación española do Fondo Mundial para a Vida Salvaxe (W.W.F.) e foi membro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

El Hombre y la Tierra[editar | editar a fonte]

En 1974 iniciou o proxecto máis ambicioso: El hombre y la tierra, nas súas tres series: venezolana, ibérica e norteamericana. A serie venezolana contou con 18 capítulos rodados en Los Llanos, no Orinoco e no Amazonas. A serie ibérica constou de tres partes completadas e unha inconclusa, mentres que da serie norteamericana só puido rematar a parte adicada ao Canadá e rodar dous capítulos en Alasca. En total, foron 124 capítulos, a maioría pertencentes á serie ibérica, cunha recoñecida banda sonora composta por Antón García Abril. Entre os fitos acadados por El Hombre y la Tierra cómpre salientar a filmación por vez primeira dalgúns animais, coma o aguaneiro, ou a rodaxe de escenas memorables como os labores de caza efectuados por mandas de lobos ou a captura dun carneiro bravo por unha aguia real. Estas escenas conseguíronse grazas a animais troquelados, quere dicir, animais afeitos á presenza humana pero sen estaren domesticados, polo que conservan as súas pautas naturais de comportamento.

Falecemento[editar | editar a fonte]

Precisamente cando estaba rodando un episodio da serie norteamericana, e mentres filmaba unha carreira de cans de zorra na National Eskimo Dog Race Contest en Shaktoolik (Alasca), a avioneta na que ía estrelouse[1] como consecuencia do desprendemento dun dos hidropatíns que desequilibrou ao aparello. Ademais de Félix, faleceron o piloto Warren Dobson, o cámara de TVE Teodoro Roa e o axudante Alberto Mariano Huéscar. O sinistro aconteceu en Shaktoolik, poboación de esquimós situada a 25 km da costa do Mar de Bering.

Foi soterrado na súa localidade natal o 19 de marzo de 1980, aínda que no mes de xuño do mesmo ano os seus restos mortais foron trasladados ao cemiterio de Burgos, onde descansan nun panteón deseñado polo arquitecto Miguel Fisac xunto a unha escultura na súa memoria elaborada por Pablo Serrano.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]