Fernando Arias Parga
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 ![]() Rábade, España ![]() |
Morte | 24 de xullo de 1959 ![]() Madrid, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Valladolid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , profesor universitario , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Fernando Arias Rodríguez ![]() |
Irmáns | Elías Arias Parga ![]() |
Fernando Arias Parga, nado en Rábade en 1909 e finado en Madrid o 24 de xullo de 1959,[1] foi un avogado, profesor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Fernando Arias Rodríguez. Estudou dereito na Universidade de Valladolid, onde foi presidente da Asociación de Estudantes de Dereito.[2] En 1930 foi detido por posesión de follas clandestinas.[3] En 1932 gañou a cátedra de Dereito Internacional Público da Universidade de Madrid. Profesor auxiliar da Cátedra de Dereito Internacional Público da Universidade Central de 1932 a 1936. Doutor en Dereito pola Universidade Central de Madrid en 1934. Obtivo unha bolsa para estudar no Kaiser Wilhelm Institut en 1934. Durante a guerra foi xefe do Servizo de Información Militar de Andalucía e foi nomeado cónsul de Oujda. Despois da guerra colaborou no Instituto de Estudios Internacionales y Económicos e dende 1955 foi secretario técnico da Escuela de Funcionarios Internacionales. Finou en Madrid aos 50 anos.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Francisca González Hernández, e foi pai de Fernando e Alicia Arias González.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ Vida Gallega, 10-7-1932, p. 34.
- ↑ Heraldo de Castellón, 22-5-1930, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- De la Muela, A. (1959). FERNANDO ARIAS PARGA (1909-1959). Revista Española De Derecho Internacional, 12(3), 474-475. Consultado en http://www.jstor.org/stable/44295018
- De Luna, A. (1959). FERNANDO ARIAS. Revista Española De Derecho Internacional, 12(3), 473-474. Consultado en http://www.jstor.org/stable/44295017