Galego
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. |
Galego. Do latín "gallaecus" (habitante da Gallaecia) que á súa vez é unha latinización do etnónimo grego "kalláikos". Pode referirse a:
- Algo ou alguén de Galicia, localizada no noroeste da Península Ibérica, comunidade autónoma pertencente ao Estado español.
- Lingua galega, a lingua falada actualmente no territorio considerado administrativamente Galicia e mais nalgunhas áreas externas a este: o occidente de Asturias, O Bierzo, As Portelas, o val de Xálima e mais a denominada diáspora galega, espallada polo mundo adiante, principalmente en Europa central e América latina.
- No sur de Portugal, alguén do norte ou do centro do país.
- Alguén loiro ou roibo, de cabelos claros en xeral, en certas partes da rexión sur e na rexión norte do Brasil.
- En varias rexións do Brasil, emigrante portugués.
- Emigrante español en América Latina.

