Gasherbrum I
Coordenadas: 35°43′28″N 76°41′47″L / 35.724444444444, 76.696388888889
Gasherbrum I | |
---|---|
![]() | |
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Karakorum |
Serra | Himalaia |
Localización administrativa | |
Localización | República Popular da China |
Características xerais | |
Altitude | 8080 m |
Montañismo | |
Primeira ascensión | 5 de xullo de 1958 |
O Gasherbrum I é unha montaña de 8080 m de altitude que se sitúa como décimo primeira cima máis alta do planeta. O Gasherbrum I forma parte do macizo do Gasherbrum, situado na cadea do Karakorum, un xigantesco ramal do Himalaia, na fronteira entre Paquistán e a China.
Toponimia[editar | editar a fonte]
En 1856, cando se fixo o primeiro recoñecemento do Karakorum, T. G. Montgomery nomeouno K5 por ser o quinto pico de dita cordilleira. Porén, en 1892 William Martin Conway deulle o nome de Hidden Peak (Pico Oculto ou Escondido), en referencia ao seu extremado afastamento. O topónimo Gasherbrum é un orónimo en lingua balti, formado polas palabras "rgasha" (fermosa) e "brum" (montaña).
Ascensións[editar | editar a fonte]
A primeira ascensión foi realizada por unha expedición norteamericana o 5 de xullo de 1958, so a dirección de Nich Clinch. Dous membros alcanzaron a cima: Pete Schoening e Andy Kauffman.
No ano 1983 houbo tres expedicións, suíza, polaca e española, que atinxiron o cume.
O alpinista vigués Abel Alonso faleceu xunto con Xebi Gómez e Álvaro Paredes, despois de facer cumio o 21 de xullo do 2013 ao perderse nunha tormenta no descenso.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ X. R. Castro (27 de xullo de 2013). "Una caída mortal acabó con la vida del alpinista Abel Alonso". La Voz de Galicia (en castelán).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gasherbrum I ![]() |