Saltar ao contido

Invasión rusa de Ucraína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Invasión rusa de Ucraína de 2022»)
Invasión rusa de Ucraína de 2022
Parte de Guerra ruso-ucraína

Mapa dos territorios ocupados por Rusia en Ucraína.
Data 24 de febreiro de 2022 - presente
Lugar Ucraína
Resultado As tropas rusas entran en Ucraína dende Rusia, Crimea e Belarús[1]
Belixerantes
Apoiados por:
Líderes

O 24 de febreiro de 2022, Rusia comezou unha invasión militar en Ucraína, un dos seus países veciños do suroeste. Os primeiros informes declararon esta invasión como a maior operación militar de guerra convencional en Europa dende a segunda guerra mundial.[11][12] Este suceso marcou un aumento na escalada da violencia na actual guerra ruso-ucraína, a cal comezou en febreiro de 2014.

A invasión estivo precedida por unha prolongada acumulación militar rusa dende principios de 2021 e polas demandas de Rusia para prohibir legalmente a Ucraína a unirse á OTAN.[13] Nos días anteriores á invasión, Rusia recoñeceu as autoproclamadas República Popular de Donetsk e da República Popular de Luhansk, e fixo entrar ás Forzas Armadas de Rusia na rexión de Donbás, no leste de Ucraína, o 21 de febreiro de 2022.

Sobre as 06:00 de Moscova (UTC+3), o presidente ruso Vladimir Putin anunciou unha operación militar no leste de Ucraína; minutos despois, comezaron os ataques con mísiles en lugares de todo o país, incluso na capital Kíiv. O Servizo de Fronteiras de Ucraína afirmou que os seus postos fronteirizos con Rusia e Belarús foron atacados.[14][15] Dúas horas máis tarde as forzas terrestres rusas entraron no país.[13] O presidente ucraíno Volodymyr Zelenskyi respondeu promulgando a lei marcial, interrompendo as relacións entre Rusia e Ucraína e anunciando a mobilización xeral da poboación. A invasión motivou que varios países condenasen o ataque e impuxesen severas sancións a Rusia,[16] e ademais producíronse mobilizacións en contra da guerra en Rusia que foron sufocadas con arrestos masivos.[17][18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 A República Popular de Donetsk e a República Popular de Luhansk son estados separatistas que declararon a súa independencia en maio de 2014, á vez que recibiron recoñecementos entre eles, o estado de facto de Osetia do Sur e Rusia (dende 2022).[2][3][4]
  2. Algunhas forzas rusas invadiron o territorio belaruso[1]
  3. Supostamente, dende Transnistria lanzáronse mísiles dirixidos a Ucraína.[5]
  4. O Canadá enviou munición, armas lixeiras e outros equipos militares, así como instrutores militares; en xeral, o Canadá comprometeu 7,8 millóns de dólares en axuda letal e 620 millóns de dólares en préstamos financeiros e axuda militar non letal.[6][7][8][9]
  5. Alemaña enviou un hospital de campaña (xunto con Estonia)[10]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Lister, Tim; Kesa, Julia (24 de febreiro de 2022). "Ukraine says it was attacked through Russian, Belarus and Crimea borders". CNN. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  2. "South Ossetia recognises independence of Donetsk People's Republic". Information Telegraph Agency of Russia. 27 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2022. 
  3. Alec, Luhn (6 de novembro de 2014). "Ukraine's rebel 'people's republics' begin work of building new states". The Guardian (en inglés). Donetsk. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2022. Consultado o 31 de xaneiro de 2022. The two 'people's republics' carved out over the past seven months by pro-Russia rebels have not been recognised by any countries, and a rushed vote to elect governments for them on Sunday was declared illegal by Kiev, Washington and Brussels. 
  4. "Общая информация". Official site of the head of the Lugansk People's Republic (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2018. 11 июня 2014 года Луганская Народная Республика обратилась к Российской Федерации, а также к 14 другим государствам, с просьбой о признании её независимости. К настоящему моменту независимость республики признана провозглашенной Донецкой Народной Республикой и частично признанным государством Южная Осетия. 
  5. Intellinews, bne (24 de febreiro de 2022). "Moldova tightens security after explosions heard close to Russia-backed Transnistria". bne Intellinews (en English). bne Intellinews. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022. Residents of the Russia-backed separatist republic of Transnistria in eastern Moldova and towns in territory controlled by Chisinau reported hearing explosions earlier today. Social media was flooded with reports of loud blasts, which were initially thought to have been an attack from within Transnistria, where Russia has around 1,500 troops, on Ukraine. A video described as a rocket attack from Transnistria has been circulating on Twitter. 
  6. The military balance 2021. Abingdon, Oxon: International Institute for Strategic Studies. 2021. ISBN 978-1032012278. 
  7. "Ukraine receives machine guns, surveillance gear from Canada as Russian threats mount". Global News. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  8. "Canada sends non-lethal military aid to further support Ukraine". Government of Canada. 4 de febreiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  9. The Canadian Press (14 de febreiro de 2022). "Canada to give $500M loan, send $7.8M in lethal weapons to Ukraine: Trudeau". CTV News. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2022. Consultado o 16 de febreiro de 2022. 
  10. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome LBEstGer
  11. Karmanau, Yuras; Heintz, Jim; Isachenkov, Vladimir; Litvinova, Dasha (24 de febreiro de 2022). "Russia presses invasion to outskirts of Ukrainian capital". ABC News. Photograph by Evgeniy Maloletka (AP Photo) (Kíiv: American Broadcasting Corporation). Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2022. Consultado o 26 de febreiro de 2022. [a]mounts to the largest ground war in Europe since World War II. 
  12. Tsvetkova, Maria; Vasovic, Aleksandar; Zinets, Natalia; Charlish, Alan; Grulovic, Fedja (27 de febreiro de 2022). "Putin puts nuclear 'deterrence' forces on alert". Reuters (en inglés). Writing by Robert Birsel and Frank Jack Daniel; Editing by William Mallard, Angus MacSwan and David Clarke (Kyiv: Thomson Corporation). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2022. Consultado o 27 de febreiro de 2022. [t]he biggest assault on a European state since World War Two. 
  13. 13,0 13,1 "Why is Russia invading Ukraine and what does Putin want?". BBC News (en inglés). 24 de febreiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2021. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  14. "Russia attacks Ukraine". CNN. 24 de febreiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  15. "Украинские пограничники сообщили об атаке границы со стороны России и Белоруссии". Interfax. 24 de febreiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  16. Morin, Rebecca (24 de febreiro de 2022). "World leaders condemn Russian invasion of Ukraine; EU promises 'harshest' sanctions – live updates". usatoday.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  17. Morin, Rebecca (24 de febreiro de 2022). "World leaders condemn Russian invasion of Ukraine; EU promises 'harshest' sanctions – live updates". USA Today. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  18. "More than 1,700 people detained in widespread Russian protests against Ukraine invasion". CBC News. 24 de febreiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2022. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]