OTAN
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Organización do Tratado do Atlántico Norte (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO), asociación militar da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións teñen cambiado dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa. España que xa era membro da OTAN dende 1982 confirmou a súa permaneza no referendo do 1986, estatuto que logo ampliou ata a participación actual.
Actualmente o seu obxectivo principal é salvagarda-la soberanía e liberdade dos países membros por medios tanto políticos como militares. No ámbito da defensa, o Tratado establece que unha agresión a un país membro ou grupo de países membros será considerada como unha agresión a tódolos asinantes. Outro obxectivo é potencia-la comunicación con países non membros para estende-la estabilidade alén das fronteiras da OTAN.
O órgano de decisións máis importante da OTAN é o Consello Norte-atlántico que xunta a representantes dos 26 países anualmente.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Texto do tratado orixinal en español (traducción non oficial)
- Ministerio de Defensa (en castelán)
- Páxina oficial da OTAN
|
|
|---|
| Alemaña · Bélxica · Bulgaria · Canadá · Chequia · Dinamarca · Eslovaquia · Eslovenia · España · Estados Unidos de América · Estonia · Francia · Grecia · Hungría · Islandia · Italia · Letonia · Lituania · Luxemburgo · Noruega · Países Baixos · Polonia · Portugal · Reino Unido · Romanía · Turquía |

