Bulgaria - България
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| 'Република България' Republika Balgariya República de Bulgaria |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bulgaria é un país situado nos Balcáns, limitado ó norte pola Romanía, ó leste polo Mar Negro, ó sur pola Turquía e pola Grecia e polo oeste pola Macedonia e Serbia. Bulgaria foi aceptada na OTAN no 2004 e é membra da Unión Europea dende o 1 de xaneiro do 2007.
Índice |
[editar] Historia
A rexión da actual Bulgaria foi primeiro habitada polos tracios, divididos en numerosas tribos. Era un pobo que non tiña escrita, e o seu legado é composto dalgunhas tumbas e tesouros que deixaron.
No século VII os bulgaros comandados por Khan Asparuh migraron do norte dos Bálcans e fundaron o primeiro Imperio Búlgaro, en 681.
Nos séculos seguintes, entrou en guerra contra o Imperio Bizantino durante diversas ocasións para garanti-la súa existencia. Aínda así, non logrou resisti-la súa independencia sendo invadida polo Imperio Otomano, ó final do século XIV.
Bulgaria recuperou a súa independencia en 1878, como un Principado Autónomo; a súa independencia total foi proclamada en 1908. Pouco tempo depois, nos anos 1912 e 1913, envolveuse na Guerra dos Balcáns.
Durante a Primeira Guerra Mundial e, máis tarde, na Segunda Guerra Mundial, combateu do lado das nacións que serían derrotadas no conflito.
Finalizada a Segunda Guerra Mundial, ficou debaixo da influencia da Unión Soviética e convertiuse nunha república popular en 1946. O goberno comunista veuse abaixo en 1990, cando tiveron lugar as primeiras elecións democráticas.
Bulgaria foi aceptada na OTAN no 2004 e é membra da Unión Europea dende o 1 de xaneiro do 2007.
[editar] Xeografía
Véxase: Xeografía de Bulgaria.
Situación: Bulgaria atópase no surleste de Europa, limita con Rumanía, Serbia, a República de Macedonia, Turquía, Grecia e o Mar Negro. A fronteira norte con Rumanía segue o curso do Danubio ata Silistra.
A xeografía política de Bulgaria modificouse notablemente dende a restauración do estado en 1878. Rusia, cuxas victorias conduciron á súa creación, presionou para que se creara unha "Gran Bulgaria" que incluíra unha gran parte de Macedonia. No Congreso de Berlín de 1878 as demáis potencias déronlle un territorio moito máis reducido, dividido ata 1885 entre os principados de Bulgaria Rumelia Oriental.
Foi reino independente dende 1908 ata 1946 e despois república. Bulgaria quixo expandi-lo seu territorio durante as guerras balcán.
[editar] Economía
Véxase: Economía de Bulgaria
Bulgaria foi un dos países que máis problemas económicos tivo á hora de desligar a súa economía da antiga Unión Soviética, o que mermou as súas posibilidades en relación con outros países da área da Europa central.
A agricultura, dúas terceiras partes do solo do país están dedicados ao cultivo de cereais, fundamentalmente trigo, maínzo, cebada, centeo e arroz. Os cultivos industriais de tabaco, algodón xirasol representan unha parte máis rentábel da organización agrícola. No proceso de privatización da terra, sufriuse unha gran parcelación que non beneficiou ás explotacións.
Na industria destaca a siderurxia, as plantas de produtos químicos e a produción textil. Carece case por completo de petróleo o que agrava a súa dependencia exterior en materia enerxética.
Posúe depósitos importantes de carbón e lignito que manteñen as anticuadas centrais térmicas e la siderurxia. O resto da enerxía que produce, provén ,nunha pequena proporción, da hidráulica. No 2006 tivo que desconectar dous reactores atómicos soviéticos da central nuclear de Kozloduy, e modernizar outros bloques da central mediante créditos de Euratom por un total de 212,5 millóns de euros.[1] Xa no ano 1993, coa colaboración fundamental da Comunidade Europea, que aportou cerca de 19 millóns de dólares melloráranse os sistemas de seguridade da central. Bulgaria exporta enerxía a Macedonia, Serbia, Montenegro e Romanía.
Os avances tecnolóxicos da década dos oitenta nos países occidentais, fixeron que a industria búlgara ficase obsoleta. As reformas no seu momento foron tímidas e incrementouse a débeda externa dun xeito notable. Mais, segundo o seu estudo anual o Banco Mundial inclúe a Bulgaria dentro dos dez principais países que no 2006 maior cantidade de reformas realizaron.[2]
Como membro da Unión Europea desde 2007, Bulgaria fixo un significativo traballo para loitar contra a corrupción e acelerar o proceso de privatización que favorece un programa de actuación até 2009. As propias reinversións dos empresarios búlgaros e as estranxeiras acadaron os cinco mil millóns de euros no 2006. O Tratado europeo de Lisboa subscrito no 2007 acordou con Bulgaria o dereito de chamarlle "evro" ao euro para adaptalo ao alfabeto cirílico.[3]
[editar] Referencias
- ↑ Réquiem para dos reactores (español). Deutsche Welle 28.12.2006 (2006). Consultado o 04/11/2007.
- ↑ Singapur: el mejor para negocios (español). BBC 26.09.2007 (2007). Consultado o 04/11/2007.
- ↑ Europa acuerda reformas (español). BBC 19.10.2007 (2007). Consultado o 04/11/2007.
|
|
||
|---|---|---|
Países candidatos: |
||
|
|
|---|
| Alemaña · Bélxica · Bulgaria · Canadá · Chequia · Dinamarca · Eslovaquia · Eslovenia · España · Estados Unidos de América · Estonia · Francia · Grecia · Hungría · Islandia · Italia · Letonia · Lituania · Luxemburgo · Noruega · Países Baixos · Polonia · Portugal · Reino Unido · Romanía · Turquía |
|
|
|---|
| Albania · Alemaña · Andorra · Austria · Bélxica · Bielorrusia · Bosnia - Hercegovina · Bulgaria · Chequia · Chipre · Croacia · Dinamarca · Eslovaquia · Eslovenia · España · Estonia · Finlandia · Francia · Grecia · Hungría · Irlanda · Islandia · Italia · Letonia · Liechtenstein · Lituania · Luxemburgo · República da Macedonia · Malta · Moldova · Mónaco · Montenegro · Noruega · Países Baixos · Polonia · Portugal · Reino Unido · Romanía · San Mariño · Serbia · Suecia · Suíza · Ucraína · Cidade do Vaticano Países con parte do seu territorio en Europa |

