Eslovaquia - Slovensko

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Eslovaquia")
Slovenská republika
República Eslovaca
Bandeira de Eslovaquia - Slovensko Escudo de Eslovaquia - Slovensko
Bandeira Escudo
Lema: Non ten
Himno nacional: Nad Tatrou sa blýska
(Eslovaco: «Se relampaguea en Tatras»)
 
 
Capital
 • Poboación
Bratislava
425.155 (2004)
Cidade máis poboada Bratislava
Linguas
 • Oficiais
n/d
n/d
Forma de goberno Democracia Parlamentaria
Ivan Gašparovič
Robert Fico
Independencia
División de Checoslovaquia
1 de xaneiro de 1993
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 130º
48.845 km2
Despreciable
1.524 qm km
non ten km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 108º
5.389.180 (2006)[1]
111 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 60º
US$ 54.969 millóns
US$ 10.158 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 62º
US$ 95.019 millóns
US$ 17.559 (2006)
IDH (2007) 0,863 (42º) – Alto
Moeda Euro (EUR)
Xentilicio Eslovaco, eslovaca
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+1)
CEST (UTC+2)
Dominio de Internet .sk
Prefixo telefónico +421¹
Prefixo radiofónico OMA-OMZ
Código ISO 703 / SVK / SK
Membro de: UE, ONU, OTAN, OSCE, OCDE

¹ Código 42 compartido coa República Checa ata 1997

Tódolos países do mundo

Eslovaquia é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. Capital: Bratislava.

Os idiomas checo e eslovaco son moi semellantes, sendo unha máis das coincidencias entre ambos os países despois de moitos anos formando un único estado. De feito, aínda hoxe as fronteiras están marcadas nas estradas pero non chega a haber na maioría dos pasos gardas fronteirizos nin postos fronteirizos propiamente ditos, en contraste co que ocorre con outras das súas fronteiras.

Índice

[editar] Historia

A poboación eslava orixinal formouse na área onde hoxe fica a Eslovaquia no século V. A Eslovaquia formaba parte do centro do imperio de Samo no século VII. O ponto máis alto do estado proto-eslovaco do século IX coñecido como Gran Moravia deuse coa chegada de Cirilo e de Methodius e coa expansión do reinado do rei Svatopluk. Eslovaquia acabou por se tornar parte do reino da Hungría entre os séculos XI e XIV e foi, máis tarde, parte da Austria-Hungría ata 1918. Nese ano, Eslovaquia xuntouse ás rexións da Bohemia e da veziña Moravia para formar a Checoslovaquia. Coa separación do país que se seguíu ao Acordo de Munique de 1938, Eslovaquia transformouse nunha república separada, embora debaixo dun control firme por parte da Alemaña Nazi.

Despois da Segunda Guerra Mundial, Checoslovaquia foi reconstituída e pasou a estar baixo a influencia da Unión Soviética e do Pacto de Varsovia, de 1945 en diante.

O fin da Checoslovaquia comunista en 1989 durante a pacífica Revolución de Veludo tamén significou a fin para a Checoslovaquia e a creación de dous estados sucesores: Eslovaquia e a República Checa que seguiron camiños separados a partir do 1 de xaneiro de 1993.

Eslovaquia adheriuse á Unión Europea o 1 de maio de 2004. Pasa a formar parte da eurozona o 1 de xaneiro de 2009 abandonando a coroa eslovaca e adoptando o euro como moeda.

[editar] Organización Territorial

Eslovaquia está subdividida en 8 kraje (singular kraj), cada un deles levando o nome da súa capital.
Regiones de Eslovaquia
Galego Eslovaco
1 Bratislava Bratislavský kraj
2 Trnava Trnavský kraj
3 Trenčín Trenčiansky kraj
4 Nitra Nitriansky kraj
5 Žilina Žilinský kraj
6 Banská Bystrica Banskobystrický kraj
7 Prešov Prešovský kraj
8 Košice Košický kraj
Os kraje están subdivididos en varios okresy (singular okres), distritos. Eslovaquia ten 79 distritos.


[editar] Xeografía

Mapa da Eslovaquia

A paisaxe eslovaca é digna de nota, especialmente, pola súa natureza montañosa, como os montes Cárpatos desenrolándose ao longo da maior parte da metade norte do país. É nos Cárpatos onde se situan os elevados picos dos montes Tatra, un destino popular para a práctica do ski e tamén zona de muitos lagos e vales espectaculares, ademais de albergaren o ponto máis alto da Eslovaquia: o Gerlachovský štít, con 2.655 m.

Hai tamén terras baixas nas extremidades sudoeste (nas marxes do Danubio) e sueste da Eslovaquia. Os ríos principais, ademais do Danubio, son o Váh e o Hron.

O clima é temperado, con veráns relativamente frescos e invernos fríos, nevoados e húmidos.

[editar] Economía

Véxase: Economía de Eslovaquia.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Ferramentas persoais
Outras linguas