Romanía - România

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Romanía")
România
Romanía
Bandeira de Romanía - România Escudo de Romanía - România
Bandeira Escudo
Lema: Cada institución do Estado ten o seu propia lema
Himno nacional: Deşteaptă-te, Române!
 
 
Capital
 • Poboación
Bucarest (ro: Bucureşti)
2.354.510 (2002)
Cidade máis poboada Bucarest
Linguas
 • Oficiais
n/d
Romanés
Forma de goberno República
Traian Băsescu
Emil Boc
Independencia
Guerra da Independencia
9 de maio de 1877
13 de xullo de 1878
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 78º
238.391 km2
3,0%
2.508 km
225 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 50º
22.303.522 (2006 est.)
93 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 41º
US$ 157.647 millóns
US$ 7.311 (2007)
PIB (PPA)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 43º
US$ 229.897 millóns
US$ 10.661 (2007)
IDH n/d
Moeda Leu (RON)
Xentilicio Romanés, romanesa
Fuso horario CET (UTC+2)
Dominio de Internet .ro
Prefixo telefónico +40
Prefixo radiofónico YOA-YRZ
Código ISO 642 / ROU / RO
Membro de: OTAN, ONU, OSCE, UE, Unión Latina

1 Suspendido polo Parlamento

Tódolos países do mundo

Romanía (en romanés România) é un país do leste de Europa limitado ó norte e este por Ucraína, ao leste por Moldova e o Mar Negro, ao sur por Bulgaria e ao oeste por Serbia e Hungría. Romanía tamén posúe unha pequena costa marítima no Mar Negro. A súa capital é Bucarest.


Índice

[editar] Nome

O nome Romanía ven de Roma ou do Imperio Romano (Oriental) e enfatiza ás orixes do país como unha provincia do Imperio Romano. Na Antigüidade tardía, o Imperio Romano era frecuentemente chamado de Romanía en latín.

Romanía e Moldova son os únicos países de Europa do leste con linguas oficiais latinas. O documento máis antigo escrito en romanés é unha carta escrita en 1521 ("Carta de Neacşu desde Câmpulung"), na que se informa a o maior Braşov acerca do inminente ataque dos turcos otománs . Nela aparece por primeira vez "Rumano" en romanés, en referencia a Valaquia ("Ţeara Rumânească", Terra rumana).

Emprégase Romania para referirse ao grupo de terras europeas onde apareceron as linguas románicas.

[editar] Historia

Artigo principal: Historia da Romanía

Cidade medieval de Sibiu

Antes da chegada das tropas romanas, a actual Romanía estaba habitada pola confederación tribal dos Xetas que sendo descritos por Darío I na súa campaña nos Balcáns no 531 a.C.. Os dacios foron derrotados polo Imperio Romano durante o goberno do emperador Traxano en dúas campañas que tiveron lugar entre o 101 e 107, o centro do reino dos dacios convertiuse na provincia romana da Dacia. As campañas góticas e cárpicas nos Balcáns durante 231 - 275 forzaron ó Imperio Romano a reorganizar unha nova provincia romana da Dacia ó sur do Danubio, facendo que a antiga Dacia se convertise no reino dos godos ata finais do século IV, cando foi incluído no Imperio Huno. Os xépidas e os avaros governaron a Transilvania ata o século VIII, cando os búlgaros incluiron á Romanía no seu imperio ata o ano 1000. Os pechenegas, os cumanos e os uzes tamén foron mencionados por crónicas históricas no territorio da Romanía ata a fundación dos principados valaquios da Valaquia por Basarab, e da Moldova por Dragos durante o século XIV. Durante a Idade Media, os romanos viviron en tres principados distintos: Valaquia, Moldova e Transilvania.

Valaquia e Moldova atopáronse baixo a soberanía do Imperio Otomano nos séculos XV e XVI, respectivamente, con autonomía interna e breves periodos de independencia, Moldova acabou perdendo o seu territorio oriental de Besarabia para o Imperio Ruso en 1812, o seu territorio setentrional de Bucovina para o Imperio Austríaco en 1775 e o seu territorio sudeste de Budxac para o Imperio Otomano.

A Transilvania caeu baixo o control de Hungría no século XII, a partires do 1300, Hungría e a Transilvania convertéranse ó dominio da Casa de Anjou, de Habsburgo, e do Sacro Imperio Romano-Xermánico), en 1526 convertínronse nun principado baixo a soberanía do Imperio Otomano, trala Batalla de Mohacs, a finais do século XVIII, o Imperio Austríaco (dende 1867), o Imperio Austrohúngaro) incluiu a Transilvania nas súas fronteiras.

A moderna Romanía naceu cando os principados de Moldova e de Valaquia fundíronse en 1859, a independencia foi ratificada polos Grandes Poderes en 1877 e un príncipe da casa alemá dos Hohenzollern recibiu a coroa do reino da Romanía, converténdose no rei Carol I. Trala Primeira Guerra Mundial (na cal Romanía participou aliándose ás potencias da Triple Entente), Romanía viu o seu territorio dobrado en extensión coas adquisicións da Transilvania e a Besarabia debido á desintegración do Imperio Ruso dos Romanov e do Imperio Austrohúngaro dos Habsburgo (Tratado de Trianon). Converténdose na Gran Romanía (România Mare).

Besarabia, Bucovina do Norte e Budxac incorporáronse á Unión Soviética en 1940, comprendendo principalmente a actual República de Moldova con Budxac e Bucovina do Norte sendo designadas á Ucraína. Trala Segunda Guerra Mundial, Romanía convertiuse nun estado comunista baixo o control directo económico e militar da Unión Soviética ata 1958.

O goberno ditatorial do presidente Nicolae Ceauşescu (1965-1989) foi derrubado cunha revolta cruenta en decembro de 1989; parte dos revolucionarios, agora chamados socialdemócratas, continuaron presentes no goberno elexido democraticamente ata 1996, cando Emil Constantinescu foi elexido presidente cunha coalición de centro-dereita. No 2000, os social-democratas retornaron ó poder, con Ion Iliescu. As eleccións do 13 de decembro de 2004 deron a vitoria a Traian Basescu, do Partido Demócrata.

[editar] Política

Artigo principal: Política da Romanía

Romanía é unha república democrática. O poder lexislativo do governo romano consta de dúas cámaras, o Senat (senado), que posue 137 membros (relativo a 2004), e a Camera Deputaţilor (Cámara dos Deputados), que posue 332 membros (relativo a 2004). Os membros de ámbalas dúas cámaras son escollidos en eleizóns realizadas a cada catro anos.

O presidente, xefe do poder executivo, tamén é eleito polo voto popular, a cada cinco anos (ata 2004 - catro anos). O presidente nomea um primeiro-ministro, que dirixe o governo, cuxos membros son á súa vez nomeados polo primeiro-ministro. O governo está suxeito a un voto parlamentario de aprovación.

[editar] Provincias

Artigo Principal: Provincias de Romanía

Romanía está dividida en 41 judeţe, ou condados, e o municipio de Bucarest (Bucureşti) - a capital.

Os condados son (na orde alfabética):

Mapa administrativo da Romanía
Transilvania está en verde, Valaquia en azul, a rexión da Moldova en vermello e Dobruia en amarelo

[editar] Xeografía

Mapa da Romanía coas cidades

Artigo principal: Xeografía de Romanía

Unha grande parte das fronteiras da Rumanía coa Serbia e Bulgaria seguen o curso do Danubio. No Danubio vai desaguar o río Prut, que serve de fronteira coa Moldova.

Os montes Cárpatos dominan a parte ocidental da Rumanía, con picos de ata 2.500 m. O máis elevado, o Moldoveanu, atinge os 2.544 m.

As principais cidades son a capital, Bucarést, Braşov, Timişoara, Cluj-Napoca, Constanţa, Craiova, e Iaşi (Jassy).

Vexa tamén:

[editar] Economía

Sé do banco romanés

Vexa: Economía da Romanía

Tralo do colapso da Unión Soviética en 1989, a Romanía foi deixada cunha base industrial obsoleta e un padrón de capacidade industrial totalmente inadecuado ás súas necesidades.

En febreiro de 1997, a Romanía iniciou un abranguinte programa de reforma estrutural e estabilización macroeconómica. Os programas de reestruturación inclúen liquidar grandes industrias de enerxía intensiva e reformas importantes nos setores financeiro e agrícola.

Os anos 2002 e 2003 foron economicamente exitosos para a economía Romanesa, e actualmente o crecemento do PIB prevese do 4.5% por ano. A economía creceu un 6.6% na primeira metade do 2004, e un 7.0% (ano sobre ano) no segundo trimestre do 2004, marcando a maior taxa de crecemento na rexión. O salario bruto medio por mes na Romanía é de 8.392.766 lei, (datos de outubro de 2004), un aumento de 2.1% sobre o mes anterior. Iso equivale a US$283.54, 213.60 Euros e 360.21 dólares australianos. O salario líquido medio por mes en xaneiro do 2004 era de 6.071.211 lei.

O crecemento do PIB foi dun 8% en 2004 e entre 6-7% no 2005.

O desemprego na Romanía é do 6.2% (2004), valor que é moi baixo comparado con outros países europeos.

Romanía foi convidada pola Unión Europea en decembro de 1999 a iniciar as negociacións de entrada, uníndose o 1 de xaneiro de 2007, xunto con Bulgaria.

[editar] Demografía

Evolución da demografía da Romanía (1961-2002)
Composición étnica de Romanía
romaneses
  
89.5%
húngaros
  
6.6%
xitanos
  
2.5%
alemáns
  
0.5%
outros
  
1.5%


Artigo principal: Demografía da Romanía

A poboación de Romanía acadou os 22,4 millóns de habitantes no 2005. A súa composición étnica consta dunha maioría de orixe romano (89.5%), que convive cunha importante colectividade de húngaros (6.6%), concentrados sobre todo na rexión de Transilvania, e unha segunda minoría de xitanos (2.5%). Ademais, existen outros grupos étnicos menos numerosos: alemáns (0,5%), xudeus e eslavos (búlgaros, ucranínos e serbios, principalmente).

O crecimiento da poboación durante o periodo 1995-2000 foi negativo (-0,4% anual). A poboación concéntrase nas rexións máis industrializadas das terras baixas. Só un 55.2% dos romanos vive nas cidades, o que representa unha das proporcións máis baixas de Europa, só superada por varios dos seus veciños balcánicos e Moldova. Máis do 70% da poboción adscríbese á Igrexa ortodoxa romana, que é independiente da ortodoxa do leste. Tamén hai aproximadamente un 5% de católicos, especialmente entre as minorías húngara e alemá de Transilvania. Os xudeus concéntranse en Bucarest, a capital.

[editar] Cultura

Artigo principal: Cultura da Romanía

Vexa tamén:

[editar] Tópicos variados

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

[editar] Ligazóns oficiais

[editar] Ligazóns de Referencia

[editar] Guieiros de Viaxes

[editar] Moeda


Bandeira da Romanía Rexións históricas da Romanía Condados da Romanía
Dobruxa | Moldova (Besarabia - Budxac - Bucovina - Herta) | Transilvania (Banato - Crisana - Maramureş) | Valaquia (Muntenia - Oltenia)

Ferramentas persoais
Outras linguas