2003
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| < Século XX | Século XXI | Século XXII > | |||||||
| 01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
| 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 |
| 41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47 | 48 | 49 | 50 |
| 51 | 52 | 53 | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 |
| 61 | 62 | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 |
| 71 | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 |
| 81 | 82 | 83 | 84 | 85 | 86 | 87 | 88 | 89 | 90 |
| 91 | 92 | 93 | 94 | 95 | 96 | 97 | 98 | 99 | 00 |
| Calendario gregoriano | 2003 MMIII |
| Ab urbe condita | 2756 |
| Calendario armenio | 1452 |
| Calendario chinés | 4699 – 4700 |
| Calendario hebreo | 5763 – 5764 |
| Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
2058 – 2059 1925 – 1926 5104 – 5105 |
| Calendario persa | 1381 – 1382 |
| Calendario musulmán | 1424 – 1425 |
| Calendario rúnico | 2253 |
Índice |
[editar] Acontecementos
- Xaneiro: diagnostícanse en Hong Kong os primeiros focos de gripe aviaria H5N1 en aves domésticas e silvestres. En decembro, un novo caso na República de Corea seguido doutro aos poucos días. Este foco coreano considérase o primeiro da cadea actual de gripe aviaria.
- 25 de xaneiro - Un grupo internacional de voluntarios parte de Londres cara Bagdag para actuaren como escudos humanos voluntarios coa esperanza de evitar a invasión dos Estados Unidos.
- 11 de marzo - Constitución do Tribunal Penal Internacional.
- 1 de febreiro - A lanzadeira espacial Columbia estoura sobre Texas, matando os seus sete tripulantes.
- 15 de febreiro - Manifestacións contra a Segunda Guerra de Iraq: 10 millóns de persoas en 600 países.
- 1 de marzo - As autoridades de Pakistán capturan Kahlid Shaikh Mohammed, o suposto cerebro dos ataques do 11 de setembro de 2001.
- 6 de marzo - A Asemblea Nacional de Cuba reelixe o líder Fidel Castro para outro mandato de cinco anos á frente da presidencia.
- 12 de marzo
- Zoran Ðindic, presidente de Serbia, é asasinado en Belgrado.
- A Organización Mundial da Saúde lanza unha aberta global contra a SARS.
- 19 de marzo - Ataque a Iraq ("Segunda Guerra do Golfo" ou "Guerra de Irak") por parte dunha coalición encabezada polos Estados Unidos e o Reino Unido e na que participan entre outros: Polonia, Italia, Ucraína, España, algúns países centroamericanos, Australia, Xapón, etc.
- 29 de marzo - Carlo Urbani, o doutor da Organización Mundial da Saúde que identificou a SARS, morre da enfermidade.
- 2 de abril - O Exército israelí reocupa o campo de refuxiados de Tulkarem e detén a un millar de palestinos.
- 4 de abril - As tropas norteamericanas deteñen a Muhammad Hamza al Zubaydi, primeiro ministro de Iraq entre 1991 e 1993.
- 9 de abril - Iraq: as forzas dos Estados Unidos conquistan Bagdad. O rexime de Saddam Hussein derrúbase.
- 14 de abril - Remata o Proxecto Xenoma Humano coa identificación do 99% do xenoma humano cunha precisión do 99,99%.
- 1 de maio - George W. Bush aterra no portaavións USS Abraham Lincoln e anuncia o final das operacións principais da Segunda Guerra do Golfo.
- 16 de maio - Nun atentado terrorista en Casablanca morren 33 persoas e máis de 100 resultan feridas.
- 14 de xullo - Robert Novak, columnista do Washington Post publica o nome de Valerie Plame, destruíndo a súa tapadeira como axente da CIA. Prodúcese un escándalo pola filtración.
- 17 de xullo - David Kelly, antigo inspector da ONU e especialista en armas bacteriolóxicas do ministerio británico de defensa, é atopado morto após unha conversa entre a BBC e o goberno.
- agosto - Unha onda de calor en Europa provoca a morte de máis de 15.000 persoas en Francia, a maioría delas anciáns que vivían sós.
- 1 de agosto - Un terrorista suicida mata a 50 persoas, entre as que se incluían soldados rusos feridos, nun hospital en Chechenia.
- 11 de agosto - A OTAN asume o comando da forza de pacificación en Afganistán, no que constitúe a súa primeira operación importante fóra de Europa nos seus 54 anos de existencia.
- 25 de agosto - Lanzamento do telescopio espacial infravermello.
- 28 de agosto - Marte pasa á menor distancia da Terra desde hai 60.000 anos: 55.758.006 km.
- 10 de setembro - Estonia aproba en referendo unirse á Unión Europea.
- 3 de setembro - Gilberto Gil recibe o Grammy Latino como Personalidade do Ano.
- 14 de setembro - Suecia convértese no segundo país que rexeita en referendo a adopción do euro (Dinamarca fixóo en 2000).
- 20 de setembro - Letonia aproba en referendo a súa adhesión á Unión Europea.
- 14 de novembro - Descóbrese un novo planeta no Sistema Solar, 90377 Sedna.
- 20 de novembro - Detención de Michael Jackson en California baixo a acusación de conduta irregular con menores. Un tribunal absolveuno en 2005 por inconsistencia dos feitos.
- 15 de outubro - China lanza Shenzhou 5, a súa primeira misión espacial tripulada.
- 30 de outubro - A ONU retira a todo o seu persoal estranxeiro de Bagdad.
- 1 de decembro - No Reino Unido prohíbese conducir e empregar o teléfono móbil a un tempo.
- 12 de decembro - As tropas norteamericanas capturan Saddam Hussein en Tikrit.
- Primeiro mapa detallado da radiación de fondo, apartir dos datos do WMAP, o que constitúe o "eco" do Big Bang.
- Constitución dos primeiros condensados de Bose-Einsein
- Confírmase de que os materiais con índice de refracción negativo -creados artificialmente- non violan as leis da Física.
- Manexo de qbits en dispositivos de estado sólido.
- Láser dun só átomo en Caltech.
- Xeración de corrente eléctrica por paso de auga por microcanais.
- Transmutación de radioisótopos con láser.
[editar] Nacementos
[editar] Mortes
- 3 de xaneiro - José María Gironella, escritor e poeta español
- 1 de febreiro - Os sete astronautas a bordo da lanzadeira espacial Columbia, que estourou ao volver á Terra
- 7 de febreiro - Augusto Monterroso, escritor guatemalteco
- 13 de marzo - Lois Tobío, diplomático e escritor galego
- 9 de abril - Jorge Oteiza, escultor vasco
- 21 de abril - Nina Simone, cantante de jazz estadounidense
- 25 de maio - Wenceslao Calvo Garra, médico e investigador galego
- 28 de maio - Ilya Prigogine, físico e químico belga, Premio Nobel de Química en 1977
- 12 de xuño - Gregory Peck, actor estadounidense
- 29 de xuño - Katharine Hepburn, actriz estadounidense
- 4 de xullo - Barry White, músico estadounidense
- 14 de xullo
- Roberto Bolaño, escritor chileno
- Compay Segundo, músico cubando
- 16 de xullo - Carol Shields, escritora canadiana de orixe estadounidense, Premio Pulitzer en 1995
- 22 de xullo - Uday Hussein e Qusay Hussein, fillos do ex-presidente iraquí Saddam Hussein.
- 25 de xullo - John Schlesinger, director de cine británico
- 16 de agosto - Idi Amin, ex-ditador de Uganda (n. 1928)
- 30 de agosto - Charles Bronson, actor estadounidense (n. 1921)
- 1 de setembro - Ramón Serrano Suñer, político español
- 12 de setembro - Johnny Cash, cantante estadounidense (n. 1932)
- 25 de setembro - Robert Palmer, cantante británico
- 29 de setembro - Elia Kazan, escritor e director de cine estadounidense de orixe turca
- 18 de outubro - Manuel Vázquez Montalbán, escritor español
- 27 de decembro - Alan Bates, actor británico (1934)
[editar] Premios Nobel
- Física: Alexei A. Abrikosov, Vitaly L. Ginzburg e Anthony J. Leggett
- Química: Peter Agre e Roderick MacKinnon
- Fisioloxía ou Medicina: Paul C. Lauterbur e Sir Peter Mansfield
- Literatura: J.M. Coetzee
- Paz: Shirin Ebadi
- Economía: Robert F. Engle III e Clive W.J. Granger