Primeira Guerra Mundial

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido desde "I Guerra Mundial")
Historia en progreso: Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Ti podes colaborar e contribuír así que a Galipedia mellore e medre. Hai tamén outros relacionados que precisan ser completados.
Imaxes da primeira gran guerra

A Primeira Guerra Mundial foi o segundo maior conflito do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de xoves morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovíbeis trincheiras e polo uso de gas mostaza para mingualas.

Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e Turquía (as Potencias Centrais). O desencadeante da guerra foi o asasinato do arquiduque de Austria en Saraievo, pero xa houbera tensións durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde uniríanse á guerra outros países como Estados Unidos, Italia ou Xapón.

Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda de Estados Unidos, que entrou polo afundimento do transatlántico Lusitania en 1917, e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña e desmembraron os imperios de Austria-Hungría e Turquía a partir do Tratado de Versalles en 1919. Creáronse moitos novos estados en Europa, algúns dunha soa nación Polonia e outros de varias (Iugoslavia, Checoslovaquia).

Durante a Primeira Guerra Mundial ocorreu tamén a Revolución Rusa, que fixo que Rusia pactase por separado a paz (Tratado de Brest-Litovsk) coas potencias centrais e non estivese representada no Tratado de Versalles ó atoparse en guerra civil.

As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da Segunda Guerra Mundial.

Índice

[editar] Bandos

Alianzas militares europeas en 1915. A Tripla Alianza está representada en castaño, a Triple Entente en gris e as nacións neutras en amarelo

A formación de dous bloques opostos é o máis característico do período de preguerra. O 1º bloque estaba constituido pola Tripla Alianza (Alemaña, Austria-Hungría e Italia) O 2º bloque era a Triple Entente (Reino Unido, Francia e Rusia)

[editar] Cronoloxía da Guerra

A guerra pasou por diferentes fases:

  • 1ª fase: Alemaña primeiro pensaba enfrontarse a Francia para despois facelo con Rusia pero a incorporación de G.Bretaña á guerra e a capacidade de resistencia francesa (un bo exemplo é a Batalla do Marne, alí evitouse que París caese nas mans do exército alemán ) fixeron que estas previsións fallaran.
  • 2ª fase: Produciuse unha situación de empate, estabilizaronse as frontes e desenvolvéronse as tácticas de defensa mediante

trincheiras. En Verdún os franceses detiveron os alemáns na batalla do Somme.

  • 3ª fase: O ano 1917 foi crucial no desenvolvemento da guerra por dos feitos coetáneos:

-O derrumbamento da fronte rusa pola revolución (armisticio cos alemáns)

-A incorporación de EE.UU á guerra (Wilson quería a democracia)

[editar] Batallas clave

[editar] Condicións de paz

Artigo principal: Tratado de Versalles

[editar] Personaxes salientábeis

Os tratados de paz impuxeron fortes condicións a Alemaña e os imperios coloniais redestribuíronse. A organización da paz foi dificil. Os paises vencedores(EE.UU, Francia, Italia e G.Bretaña) abusaron, xa que non permitiron que os vencidos estivesen na mesa de negociacións.

[editar] As negociacións de paz

As negociacións de paz tiveron lugar en Paris, alí acudiron representantes duns 30 paises. O presidente Wilson(EE.UU) propuxo catorce puntos básicos para a paz pero caben destacar o establecemnto do principio das nacionalidades e a creación da Sociedade de Nacións. O francés Clemenceau tiña como obsesión debilitar a Alemaña. A principios do 19 reuniuse a conferencia de Paris, nela creouse a Sociedade de Nacións( misión: salvagardar a paz e solucionar conflictos mediante a negociación) pero o grave foi que ningunha das tres grandes potencias dos anos anteriores participaron. No tratado de Versalles se establecían as duras condicións impostas a Alemaña : amputacións territoriais, desmilitarización, pagos para compensar as perdas aliadas... Esta paz foi a orixe de numerosos conflictos (como a 2ª guerra mundial) xa que non resultou satisfactoria nin para vencedores nin para vencidos.

[editar] Pegada da Grande Guerra

Participación e perdas militars na Primeira Guerra Mundial
Países Aliados Mobilizados Mortos Feridos Prisioneiros de guerra
Rusia 18 100 000 1 800 000 4 950 000 2 500 000
Francia 7 891 000 1 735 800 4 266 000 537 000
Reino Unido 8 904 467 9 083 71 2 090 212 191 652
Italia 5 612 00 578 000 947 000 600 000
Estados Unidos 4 263 000 114 000 234 000 4 526
Xapón 800 000 300 907 3
Romania 1 000 000 250 706 120 000 80 000
Serbia 750 000 278 000 133 148 15 958
Bélxica 365 000 38 716 44 686 34 659
Grecia 353 000 26 000 21 000 1 000
Portugal 100 000 7 000 13 751 12 318
Montenegro 50 000 3 000 10 000 7 000
Total 48 201 467 5 380 115 12 830 704 3 984 116
Potencias Centrais Mobilizados Mortos Feridos Prisioneiros de guerra
Alemaña 13 200 000 2 033 700 4 216 058 1 152 800
Austria-Hungría 9 000 000 1 100 000 3 620 000 2 200 000
Turquía 2 998 000 804 000 400 000 25 000
Bulgaria 400 000 87 500 152 390 27 029
Total 25 598 000 4 025 200 8 388 448 3 629 829
TOTAL dos 2 bloques 73 799 467 9 405 315 21 219 152 7 613 945
Fontes: J. Winter, The Great War and the British People, Londres, Macmillan, 1985, chap.3.

Nota: Na maior parte dos países belixerantes, os desaparecidos están contabilizados cos mortos.
Mais pódese tamén contabilizarse cos prisioneiros, como foi o caso de Rusia onde as estadísticas misturan así varias categorías moi diferentes

[editar] Véxase tamén

Nas trincheiras: Infantaría com máscaras de gas, Ypres, 1917

Ferramentas persoais