Imperio Otomán

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

دولتِ عَليه عُثمانيه
(Devlet-i Aliye-i Osmaniye)
O Imperio Otomano en 1683
Idioma oficial Turco otomano
Capital Söğüt (1299–1326)
Bursa (1326–1365)
Edirne (1365–1453)
Constantinopla (1453–1922)
Rei Osman I (1299-1326)
Mehmet Vahdettin (1920-1922)
Creación - Disolución 1299 até o 17 de novembro de 1922.
Moeda lira turca

O Imperio Otomán dominou os Balcáns e o Medio Oriente entre os séculos XV e XX.

Índice

[editar] Expansión

Os otománs chegaron a Anatolia como parte do caudal de pobos turcos desaloxados polas invasións mongolas do século XIII. O seu primeiro gobernante coñecido foi Orhan, quen foi fillo de Osmán (ou Utmán I Gazi), de quen deriva o nome do imperio. Os otománs instaláronse en Brusa, e conquistaron a cidade bizantina de Nicea en 1326. Posteriormente, iniciaron unha serie de campañas militares que puxeron a totalidade dos Balcáns baixo o seu control, en particular despois da derrota dos cabaleiros cruzados na Batalla de Nicópolis de 1396. A derrota dos otománs na Batalla de Angora (na que Tamerlán capturou a Baiaceto o Raio) retrasou un tempo a súa ascensión, que foi retomada a mediados do século XV. Mehmed II ou Mahomet II o Conquistador conquistou Constantinopla en 1453 e destruíu finalmente o Imperio Bizantino, levando as fronteiras otomanas ata Europa Central. Nembargantes, o avance otomán nesta dirección terminou cando Suleimán o Magnífico fracasou no sitio de Viena, en 1529. En Oriente, pola súa parte, o ascenso do Imperio Safavida obrigara a Selim I a guerrear con Persia, o que o motivou a conquista de Exipto (1517). O Imperio Otomán acadou a súa máxima extensión xeográfica con Suleiman, que foi a época de ouro do Imperio.

[editar] Organización

Interiormente, os otománs organizaron o seu imperio non segundo o principio territorial, senón polo principio poboacional. Desta maneira, o imperio foi repartido entre musulmáns, cristiáns ortodoxos, xudeus, zoroastrianos, etcétera, cada un dos cales conformaba un millet coa súa propia autoridade a cargo. A nobreza otomá estaba por riba dos raiyeh (literalmente, o 'rabaño'), pero non tivo cargos no goberno ata que a súa presión obrigou a Solimán o Magnífico a admitilos, a mediados d século XVI. A administración otomá estaba en mans dunha Casa de Escravos, que era recrutada entre os non musulmáns, e educada dende a infancia para ocupar cargos directivos. Incluso ata o visir do sultán era un escravo.

[editar] Decadencia

A decadencia otomana comezou despois da morte de Solimán o Magnífico, en 1566. Unha serie de gobernantes ineptos fixeron florecer as intrigas de palacio, ata que a acción combinada d sultán Murad IV (ou Amurates IV) e da Casa de Koprulu motivou una intensa reforma administrativa. Nembargantes, o Imperio Otomán sufriu un serio revés cando comprometeu tódolos seu recursos nun novo asalto a Viena, que fracasou en 1683 grazas á heroica resistencia dos polacos.

A partir de entón, os otománs descubriron que o seu poderío militar (baseado na disciplina da infantería de xanízaros e la cabalería de sipahis) estaba a naufragar, e decidiron abrirse á diplomacia occidental. Desta maneira, os comerciantes cristiáns de Constantinopla (os fanariotas) abríronse paso na administración otomana. Este proceso durou todo o século XVIII, pero motivou o surximento da Grande Idea de substituír o Imperio Otomán por un Imperio Grego. Os gregos alzáronse en armas a comezos d século XIX e obtiveron a súa independencia en 1823, pero xamáis chegaron a concretar a Grande Idea. Os otománs volvéronse máis fanaticamente musulmáns que nunca, e enredáronse irremisiblemente no xogo político das potencias coloniais de Occidente, ó tempo que sobrevivía ás sublevacións que os seus propios xoves oficiais, educados na arte da guerra occidental, promovían en nome desos mesmos valores occidentais que recibiran. O "home enfermo de Europa", como se calificou ó imperio, sobreviviu ainda tres cuartos de século máis, grazas ó apoio de Inglaterra (que precisaba ós otománs para contrarrestar as ambicións de Rusia de alcanzar o Mar Mediterráneo). Isto non impediu que os otománs perderan virtualmente a administración de Exipto, ó tempo que os pobos cristiáns dos Balcáns (Serbia, Croacia, Bulgaria e Romanía) fósense independizando un detrás doutro.

[editar] Final

Finalmente, durante a Primeira Guerra Mundial, o Imperio Otomán aliouse coa Tripla Alianza conformada por Alemaña, Italia e Austria. Despois da derrota dos Imperios centrais, o Imperio Otomán (gravemente socavado polo despertar árabe apoiado polos ingleses de Lawrence de Arabia) desplomouse na anarquía. O primeiro presidente de Turquía, Kemal Ataturk, simplemente aboliu o Sultanato, e renunciou á idea imperial, polo que a historia do Imperio Otomán alcanzou o seu fin en 1924.

Véxase tamén

Historia da Anatolia


Ferramentas persoais