Turquía - Türkiye

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Turquía")
Xeografía en progreso: Este artigo de xeografía é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Türkiye Cumhuriyeti
República de Turquía
Bandeira de Turquía - Türkiye Escudo de Turquía - Türkiye
Bandeira Escudo
Lema: Yurtta Sulh, Cihanda Sulh
(turco: «Paz na casa, paz no mundo»
Himno nacional: Istiklâl Marsi
 
 
Capital
 • Poboación
Ankara
4.319.167 hab. (2005)
Cidade máis poboada Estambul
Linguas
 • Oficiais
n/d
Turco
Forma de goberno
Abdullah Gül
Recep Tayyip Erdogan
Declaración da República
- data
do Imperio Otomano
29 de outubro de 1807
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 37º
780.580 km2
1,3
2.627 km
7.200 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 17º
71.158.000
91,16 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 18º
US$ 592.424 millóns
US$ 13.408 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 18º
US$ 760.837 millóns
US$ 16.107 (2006)
IDH n/d
Moeda Nova lira turca (YTL)
Xentilicio Turco/a
Fuso horario EET (UTC+2)
Dominio de Internet .tr
Prefixo telefónico +90
Prefixo radiofónico YMA-YMZ / TAA-TCZ
Código ISO 792 / TUR / TR
Membro de: ONU, OTAN, OCDE, OSCE, UEO
Tódolos países do mundo

A República de Turquía (Türkiye Cumhuriyeti), ou simplemente Turquía (Türkiye) está situada entre Asia (95% do seu territorio) e Europa (5% do seu territorio). A península de Anatolia entre o Mar Negro e o Mar Mediterráneo forma o «corazón» do país. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co Mar Negro, ó oeste con Grecia, o Mar Exeo e Bulgaria, ó sudeste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o Mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán.


Índice

[editar] Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Turquía.

Turquía é un Estado transcontinental de Euràsia. A Turquía asiática, que se corresponde con a península de Anatolia, e que inclúe o 97% da superfície do país, está separada da Turquía europea polo mar de Mármara e os estreitos do Bósforo e Dardanelos, que en conxunto ligan marítimamente o mar Negre e máis o mar Mediterráneo. A Turquía europea, que corresponde á Tracia e a Rumelia orientais sa Península Balcánica, só representan o 3% da superfície total do país.[1]

O territorio turco ten máis de 1.600 km de lonxitude, de leste a oeste, e 800 km de norte a sur. A superfície de Turquía, incluíndo a dos lagos, é de 783.562 km², bastante máis de 1 vez e media a de España, dos cales só 23.764 km² están en Europa (unha área inferior á de Galicia).[2] Turquía é o 37º país máis grande do mundo, cunha superfície similar á suma das superfícies do Reino Unido e de Francia.

Mapa de Turquia (en inglès)

[editar] Xeografía Física

A Turquía europea, no seu noroestw, conforma a Tracia Oriental, e ten fronteiras con Grecia e Bulgaria. A Turquía asiàtica ou Anatolia—tamén denominada Àsia Menor—está formada por un planalto central (Planalto de Anatolia). Os Montes Pónticos (Köroğlu) separan este altiplano da estreita faixa costeira do Mar Negro polo norte; mentres os Montes Tauros ao sur formsn un murallón fronte a faixa costeira mediterránea. O leste do país é máis montañoso aínda, unión do Anti-Tauro e o Cáucaso, e conforma un dispersor de diversos ríos que se estenden polo Oriente Próximo, tales o Eufrates e o Tigris. Sitúanse aí o Lago Van e o Monte Ararat, a elevación máxima do país con 5.165 msnm.[3]

[editar] Hidrografía

O gran río da península anatólica é o Kizil Irmak ou "río vermello" en turco (Halys da antigüidade), que corre de sur a norte. Xunto con o seu afluente, o Delidje Su, drena boa parte do país, pero os seus vales son profundos e angostos. No leste o Tigris, que forma unha enorme curva oeste-leste desde o seu nacemento aos pés do Ararat, drena a parte oriental, xunto con o Eufrates, de menor curso en territorio turco.

Son numerosos os lagos, en especial na ancha banda percorrida polos Montes Taurus, conformados por materiais calizos, que orixinan unha paisaxe cárstica, na que os lagos en superficie ou subterráneos xogan o seu papel. Na mesma Anatolia, con o chan impreganado de material salino en partes, formouse no centro un grande lago salado, o Tuz-ghela, con cerca de 1.700 km2, o segundo en área do país tras o Van.

[editar] Xeoloxía

O relevo variado de Turquía é resultado de diversos movementos terrestres complexos que formaron a rexión ao longo de millóns de anos e que aínda producen sismos e erupcións volcánicas. O Bósforo e os Dardanelos formáronse mercá a fallas xeolóxicas que fendían Turquia e que permetiron a creación do Mar Negro. Outra falla que cruza o norte do país, de oeste a leste, causou o terremoto de 1999.[4]

[editar] Clima

De conformidade con as diferencias do relevo o clima turco é moi variado. As áreas costeiras do oeste e sur de Turquia teñen un clima mediterráneo, con veráns secos, e invernos moderadamente húmidos. Na costa do Mar Negro os veráns son frescos e as precipitacións repártense ao longo de todo o ano. As condicións son máis extremas no interior árido e elevado. As montañas próximas á costa impeden que as influencias mediterraneas se extendan ao centro, polo que o planalto anatólico central ten un clima continental, con invernos severos e veráns moi cálidos; no altiplano de Capadocia, o Erdjaz Dag, con 3.916 m ten neves perpetuas. A precipitación mediana é de 400 mm; máis con diferencias rexionais que dependen da altitude. As rexións máis secas son a chaira de Konya e a de Malatya.

[editar] División rexional

Xeograficamente, Turquia divídese en sete rexións:

  • Rexión de Mármara,
  • Exeo
  • Mar Negro
  • Anatolia Central
  • Anatolia Oriental
  • Anatolia sudoriental
  • Rexión mediterránea.
O monte Ararat



[editar] Historia

Artigo principal: Historia de Turquía.

A República de Turquía foi fundada en 1923 por Mustafa Kemal Atatürk tralo derrubamento do Imperio Otomán ó final da Primeira Guerra Mundial.

[editar] Goberno e política

Artigo principal: Goberno e política de Turquía.

Turquía é unha república parlamentaria e a Constitución dispón que é un estado democrático, laico, social e de dereito. O poder lexislativo reside na Grande Asemblea Nacional de Turquía, composta por 550 deputados elixidos para unha lexislatura de cinco anos cos votos dos cidadáns turcos maiores de 18 anos.

[editar] Organización político-administrativa

Artigo principal: Subdivisións de Turquía.

Turquía é un Estado unitario que se divide administrativamente en 81 provincias, á fronte de cada unha atópase un gobernador designado polo Goberno central.

[editar] Economía

Artigo principal: Economía de Turquía.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Ferramentas persoais
Outras linguas