Eslovenia - Slovenija
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Republika Slovenija República de Eslovenia |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Slovenia, oficialmente República de Eslovenia (Esloveno: Republika Slovenija), é un país do sur da Europa central que fai fronteira con Italia polo oeste, co mar Adriático polo suroeste, Croacia polo sur e o leste, Hungría polo norleste e Austria polo norte. A principal cidade eslovena e capital do estado é Liubliana.
Durante a súa historia Eslovenia formou parte do Imperio Romano, o Imperio Bizantino, a República de Venecia, o Ducado de Carantania (só o a parte norte do país), o Sacro Imperio Romano Xermánico, a monarquía dos Habsburgo, o Imperio Austríaco (maís tarde chamado Imperio Austrohúngaro), o Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, o Reino dos Eslovenos, Croatas e Serbios (renomeado Reino de Iugoslavia en 1929) entre a I e a II Guerra Mundial, e a República Federal Socialista de Iugoslavia dende o ano 1945 ata o ano 1991, cando o país obtivo a súa independencia.
Hoxe en día, Eslovenia é o único país do bloque comunista que forma parte da Unión Europea (presidente da UE na actualidade[1]), a Eurozona, a Zona Schengen, a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, o Consello de Europa e a OTAN.
Índice |
[editar] Historia
Crese que os ancestros eslavos dos actuais eslovenos establecéronse nesta área óredor do século VI. No século VIII fórmase o estado de Carantania, o primeiro estado eslavo estable e esloveno. No 745, Carantania perdeu a súa independencia e convirtiuse en parte do Imperio Franco. Neste periodo moitos eslavos convertéronse ó cristianismo.
Óredor do ano 1000 escribíronse os manuscritos Freising, representantes do primeiro documento escrito en esloveno e o primeiro dialeto eslavo en escritura latina. Durante o século XIV, a maioría das rexións de Eslovenia pasaron á propiedade dos Habsburgo cuxas terras logo formarían ó Imperio Austrohúngaro, os eslovenos habitan todas ou a maioría das provincias de Carniola, Gorizia e Gradisca, e partes das provincias de Istria e Estiria.
No ano 1848 emerxeu un forte programa para unah Eslovenia unida como parte do movemiento "Primavera das Nacións" dentro de Austria-Hungría.
Co colaso da monarquía Austro-Húngara en 1918, os eslovenos uníronse ó Reino dos serbios, croatas e eslovenos, o cal cambiou o seu nome en 1929 polo de Reino de Iugoslavia. Logo do restablecemento da Iugoslavia ó final da Segunda Guerra Mundial, Eslovenia convertiuse en parte da República Federal Socialista de Iugoslavia, declarada oficialmente o 29 de novembro de 1945. A actual Eslovenia formouse o 25 de xuño de 1991 debido á súa independencia de Iugoslavia. Para facer efectiva a súa independencia, Eslovenia enfrontouse aás forzas armadas federais de Iugoslavia nun curto conflito armado chamado Guerra dos dez días, tamén conñecida como “Guerra de Eslovenia” (Esloveno: Slovenska osamosvojitvena vojna, "Guerra da independencia eslovena"; ou desetdnevna vojna, "Guerra dos dez días"). Eslovenia uniuse á OTAN o 29 de marzo de 2004 e á Unión Europea o 1 de maio de 2004.
[editar] Política
O xefe político do estado e o presidente, elixido popularmente cada cinco anos. O poder executivo está representado polo pimeiro ministro e o consello de ministros ou gabinete, elixidos polo parlamento.
O parlamento bicameral de Eslovenia componse da Asambela Nacional (Državni zbor), e o Consello Nacional (Državni svet). A Asamblea Nacional ten 90 asentos, partialmente ocupados por representativos elixidos directamente, e parcialmente con representativos elixidos proporcionalmente (dous asentos están reservados para as minorías húngara e italiana). O Consello Nacional ten 40 asentos, e está composta por representativos dos grupos intereses locais sociais, económicos, profesionais .As eleccións parlamentarias teñen lugar cada catro anos.
[editar] Subdivisións
[editar] División administrativa
Según a (Enciclopedia de Eslovenia), as rexións tradicionais eslovenas, baseadas na división feita polos Habsburgo (Carniola, Carintia, Estiria e o Litoral), son:
| Nome galego | Nome esloveno | Abreviatura mapa como a |
|---|---|---|
| Alta Carniola | Gorenjska | U.C. |
| Estiria | Štajerska | S |
| Prekmurje | Prekmurje | T |
| Carintia | Koroška | C |
| Carniola Interior | Notranjska | I.C. |
| Baixa Carniola | Dolenjska | L.C. |
| Goriška | Goriška | G |
| Ístria Eslovena | Slovenska Istra | L |
[editar] Rexións naturais
Os xeógrafos Anton Melik e Svetozar Ilešič foron os primeiros en rexionalizar Eslovenia. Unha rexionalización posterior, obra de Ivan Gams, divide a Eslovenia nas seguintes macrorrexións:
- Alpes (visokogorske Alpe)
- Cumes prealpinos (predalpsko hribovje)
- Conca de Liubliana (Ljubljanska kotlina)
- Eslovenia submediterránea ou litoral (submediteranska - primorska Slovenija)
- Karst dinárico de Eslovenia interior (dinarski kras notranje Slovenije)
- Eslovenia subpanonia (subpanononska Slovenija)
Segundo unha rexionalización xeográfico-natural máis recente, o estado consta de catro macrorrexións: alpina, mediterránea, dinárica e panonia, que se definen así a partir de características importantes do relevo e dos tipos de clima.
As macrorrexións constan de múltiples e diversas mesorrexións. O factor principal que as define é o relevo e a composición xeolóxica. As mesorrexións, á súa vez, comprenden numerosas microrrexións.
[editar] Xeografía
Atópanse en Eslovenia catro grandes rexións xeográficas europeas: os Alpes, a área Dinárica, a planicie da Panonia e o Mediterráneo. O ponto máis elevado de Eslovenia é o monte Triglav (2 864 m) e a altitude media do país é de 557 m por riba do nivel do mar. Preto da metade do país (10 124 km²) está coberta por bosques, o que torna a Eslovenia no terceiro país europeo máis arborado, depois de Finlandia e de Suecia. Aínda poden ser atopados restos dos bosques primitivos, os maiores dos que sitúanse na área de Kočevje. Os cultivos cobren 5.593 km² do país, e prados e xardíns 2 471 km². Tamén existen 363 km² de pomares e 216 km² de viñedos.
O clima é mediterránico na costa, alpino nas montañas e continental con veráns entre suaves e quentes e invernos fríos nos planaltos e vales do leste do país. As temperaturas medias son de -2ºC en xaneiro e 21ºC en xullo. As precipitacións medias son de 1000 mm na costa, 3500 mm nos Alpes, 800 mm na rexión sureste e 1400 mm na Eslovenia central.
[editar] Economía
- Artigo principal: Economía de Eslovenia.
Eslovenia posúe a economía máis próspera de tódolos estados membros que se uniron á Unión Europea no 2004 e no 2007, cun PIB per capita de 23.250$ no 2006. A relativamente alta inflación do país caeu do 3.6% no 2004 ó 2.3% no 2006, sendo hoxe en día comparable á de tódolos países membros. Eslovenia é o único dos 12 novos membros que adoptou o Euro, o 1 de xaneiro do 2007, e ademáis tamén será o primeiro novo membro en ter a Presidencia do Consello da Unión Europea na primeira metade do 2008.
[editar] Demografía
O grupo étnico maioritario na Eslovenia son os eslovenos (83%) a estes lles seguen as nacionalidades da antiga Iugoslavia (serbios, croatas, bosnios e musulmáns) os que representan o 6.3% da poboación. As minorías húngaras italianas e xitanas forman parte do 0.6% da poboación, o 8.9% restante representa a aqueles que non declararon étnia. No 2003 a esperanza de vida no país era de 72.2 para os homes e de 80 anos para as mulleres.
Cunha densidade de poboación de 99 habitantes por km², Eslovenia posue unha das densidades de poboación máis modestas da Unión Europea,comparándoa cos 320/km² habitantes dos Países Baixos e os 195/km² de Italia. A rexión de Notranjsko-kraška ten a menor densidade de poboación , mentres que Osrednjeslovenska posue a maior. Óredor do 51% da poboación vive en áreas urbanas mentres que o 49% vive no rural.
A lingua oficial de Eslovenia é o esloveno, membro da familia das linguas eslavas do sur de europa. O húngaro e o italiano son cooficiais co esloveno nas rexións veciñas con Hungría e Italia.
A relixión maioritaria dos eslovenos é o Catolicismo. Antes do socialismo, o 88% dos eslovenos considerábase católico, mentres que no censo de 1991 esta cifra baixara ata o 71.6%, no 2002 era do 57.8%, e a cifra seguen baixando.
[editar] Cultura
- Artigo principal: Cultura de Eslovenia.
O primeiro libro en esloveno foi impreso polo reformador protestante Primož Trubar (1508-1586). Eran en realidade dous libros, Catechismus (un catecismo) e Abecedarium, que foi publicado en 1550 en Tübingen, Alemaña.
Os escritores considerados máis importantes nas letras eslovenas foron o poeta France Prešeren (1800-1849) e o prosista Ivan Cankar (1876-1918). O arquitecto esloveno máis recoñecido é Jože Plečnik (1872-1957), que traballou en Praga, Viena e Belgrado.
[editar] Pintura
Os dous pintores eslovenos máis destacados son Ivan Grohar e Ivana Kobilca.
[editar] Música
Eslovenia foi berce de numerosos músicos, incluíndo ao compositor renacentista Jacobus Gallus Carniolus (1550-1591), quen exerceu gran influencia na música clásica de Europa central e, no século XX, a Bojan Adamič, compositor de música para películas.
Entre os músicos populares contemporáneos atópanse Slavko Avsenik, Laibach, Vlado Kreslin, Zoran Predin, Pero Lovšin, Silence (grupo), New Swing Quartet, DJ Umek, Melodrom, Siddharta, Magnífico.
| Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
|---|---|---|---|
| 1 e 2 de xaneiro | Aninovo | Novo leto | Festividade |
| 8 de febreiro | Día de Prešeren/Día da cultura eslovena | Prešernov dan/slovenian kulturni praznik | Morte de France Prešeren |
| 27 de abril | Día da Rebelión contra o Ocupante | dan upora proti okupatorju | Día da OF |
| 1 e 2 de maio | Festividade do traballo | praznik dela | |
| 25 de xuño | Día do Estado | dan državnosti | Declaración de independencia da Eslovenia |
| 1. Novembro | Día dos finados | dan spomina na mrtve | |
| 26 de decembro | Día da independencia | dan samostojnosti | |
| Domingo despóis da primeira lúa chea da primavera | Pascua | Velikonočna nedelja | |
| Domingo despóis de sete semanas desde a Pascua | Pentecostés | Binkošti | |
| 15 de agosto | Asunción de María | Marijino vnebovzetje | |
| 31 de outubro | Día da Reforma | dan reformacije | |
| 25 de decembro | Nadal | Božič |
[editar] Referencias
- ↑ http://www.vieiros.com/nova/63225/eslovenia-primeiro-pais-ex-comunista-que-preside-a-union-europea Eslovenia, primeiro país ex comunista que preside a Unión Europea
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|
||
|---|---|---|
Países candidatos: |
||
|
|
|---|
| Albania · Alemaña · Andorra · Austria · Bélxica · Bielorrusia · Bosnia - Hercegovina · Bulgaria · Chequia · Chipre · Croacia · Dinamarca · Eslovaquia · Eslovenia · España · Estonia · Finlandia · Francia · Grecia · Hungría · Irlanda · Islandia · Italia · Letonia · Liechtenstein · Lituania · Luxemburgo · República da Macedonia · Malta · Moldova · Mónaco · Montenegro · Noruega · Países Baixos · Polonia · Portugal · Reino Unido · Romanía · San Mariño · Serbia · Suecia · Suíza · Ucraína · Cidade do Vaticano Países con parte do seu territorio en Europa |
|
|
|---|
| Alemaña · Bélxica · Bulgaria · Canadá · Chequia · Dinamarca · Eslovaquia · Eslovenia · España · Estados Unidos de América · Estonia · Francia · Grecia · Hungría · Islandia · Italia · Letonia · Lituania · Luxemburgo · Noruega · Países Baixos · Polonia · Portugal · Reino Unido · Romanía · Turquía |

