Lago Peipus
Lago Peipus | |
---|---|
Imaxe do satélite Landsat | |
País | Estonia Rusia |
Capacidade | 25 km³ hm³ |
Lonxitude | 140 km |
Ancho | 50 km |
Conca fluvial | 47 800 km² |
Cota | 30 m msnm |
Costa | 520 km km |
Profundidade | 15,3 m m |
Prof. media | 7,1 m m |
Tipo | Lago de auga doce |
Cidades | Pskov, Mustvee, Kallaste |
Referencia | * Os valores do perímetro, área e volume poden ser imprecisos debido as estimacións desenvolvidas, podendo non estar normalizadas. |
O lago Peipus (en estoniano: Peipsi-Pihkva järv; en ruso: Псковско-Чудское озеро (Чудско-Псковское озеро)) é un gran lago situado na fronteira entre Estonia e Rusia. É o quinto lago máis grande de Europa.
Cobre unha superficie de 3500 km² e ten unha profundidade media 7 m, situándose o punto máis fondo a 15 m.[1][2] O lago emprégase para a pesca e as actividades recreativas, se ben sofre graves detorioracións ambientais por mor dos complexos industriais rusos situados na súa beira.
Descrición[editar | editar a fonte]
O lago Peipus é o remanente dun corpo de auga que existiu na área durante a era glacial.
O lago ten varias illas e consiste en tres partes:
- Lago Peipsi / Chudskoye (en estoniano: Peipsi järv, en ruso: Чудское озеро), parte norte, cunha área de 2611 km² (73%)
- Lago Pihkva / Pskovskoye (en estoniano: Pihkva järv, en ruso: Псковское озеро), parte meridional, con 708 km² (20%)
- Lago Lämmi / Tyoploye (estoniano: Lämmijärv, en ruso: Тёплое озеро), estreito que conecta ambas as dúas partes, con 236 km² (7%)
Historia[editar | editar a fonte]
En 1242, a parte sur do lago Peipus foi o escenario dunha importante batalla en que os cabaleiros teutóns foron derrotados polas tropas rusas de Novgorod lideradas por Aleksandr Nevskii. A batalla tamén destaca porque tivo lugar principalmente sobre a superficie xeada do lago, polo que tamén foi coñecida como batalla sobre o xeo.[3][4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Chudsko-Pskovskoe ozero". Great Soviet Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2008. Consultado o 29 de marzo de 2020.
- ↑ {{{2}}} Russian lakes with area of more than 350 km². (GIF table). Consultado o 21 de xaneiro de 2012.
- ↑ Jaques, Tony (2007). Dictionary of Battles and Sieges: F-O. Greenwood Publishing Group. p. 564. ISBN 0-313-33538-9.
- ↑ Toivo Miljan (2004). Historical dictionary of Estonia. Scarecrow Press. p. 299. ISBN 0-8108-4904-6.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago Peipus |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- 360° aerial panorama of Peipus and Piirissaar
- Peipsi Infokeskus Estonian tourist information website
- Settlements in the vicinity of Lake Peipsi Arquivado 28 de febreiro de 2020 en Wayback Machine. Estonica