Lingua aimará
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Aimará (Aymara aru / Jaqi aru) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Bolivia, Perú e Chile | |
| Rexións: | Andes centrais | |
| Total de falantes: | 2.2 millóns | |
| Clasificación xenética: | Linguas aimarás | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Perú e Bolivia | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | ay | |
| ISO 639-2: | aym | |
| ISO 639-3: | aym | |
| SIL: | AYM | |
O aimará é a lingua que falan os aimarás dos Andes. Ten o rango de lingua oficial en Perú[1] e Bolivia; conta tamén cuns centos de falantes en Chile e por efecto da emigración na Arxentina. En total hai entre dous e tres millóns de falantes.
Constitúe a primeira lingua dun terzo da poboación de Bolivia e é o principal idioma amerindio do sur peruano e o norte chileno.[2]
O aimará ten outras dúas linguas irmás: o kawki, que se dá por extinto e o jaqaru, falado no distrito de Tupe (provincia de Yauyos, Lima) por uns poucos millares de persoas.
[editar] Referencias
- ↑ Constitución Política do Perú, 1993. Art. 48. Consultado o 24 de agosto de 2008. “Son idiomas oficiais o castelán e, nas zonas onde predominen, tamén o son o quechua, o aimará e as demais linguas orixinarias do continente, segundo a lei” En Perú non se desenvolveu unha lexislación que puxera en práctica a oficialidade do aimara, nin ten uso oficial ningún na administración do Estado, agás cos programas rurais de EBI
- ↑ (Hardman 2000: p. 1)
