Saltar ao contido

Lorenzen Wright

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLorenzen Wright

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1975 Editar o valor em Wikidata
Oxford, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xullo de 2010 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Memphis, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBooker T. Washington High School (en) Traducir
University of Memphis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura211 cm Editar o valor em Wikidata
Peso115 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor em Wikidata - 2009 Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNCAA Division I men's basketball (en) Traducir e National Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Pivote Editar o valor em Wikidata
Convocado porLos Angeles Clippers Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Sacramento Kings
- Memphis Grizzlies
- Los Angeles Clippers
- Cleveland Cavaliers
- Atlanta Hawks
1994-1996 Memphis Tigers men's basketball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1995Universíada de Verão de 1995 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 55748448 Editar o valor em Wikidata

Lorenzen Vern-Gagne Wright, nado o 4 de novembro de 1975 en Memphis, Tennessee e morto na mesma cidade en xullo de 2010, foi un xogador profesional estadounidense de baloncesto da National Basketball Association. Antes do seu falecemento non tiña equipo, polo que era un axente libre. Con 2,11 metros de altura xogaba na posición de pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Asistiu á Universidade de Memphis, onde foi seleccionado no terceiro quinteto do All-America no seu segundo ano. Na súa etapa nos Tigers, conseguiu 31 dobres-dobres en 64 partidos e se converteu no terceiro xogador de segundo ano da universidade en anotar 1.000 puntos na súa traxectoria. No seu ano sophomore, Wright tivo unha media de 17,4 puntos e 10,4 rebotes por partido, conseguindo 16 dobres-dobres e sendo o 16ª mellor reboteador da nación.

NBA[editar | editar a fonte]

Wright foi seleccionado polos Los Angeles Clippers no sétimo lugar do Draft da NBA de 1996. Nos Clippers pasou tres tempadas, antes de ser traspasado aos Atlanta Hawks en 1999. A campaña 1999-00 foi a da súa consagración, facendo 12,4 puntos e 7,5 rebotes por noite. Ese verán foi traspasado aos Memphis Grizzlies no intercambio que mandaba a Pau Gasol aos Grizzlies e a Shareef Abdur-Rahim aos Hawks. Na súa nativa Memphis pasou cinco anos cobrando grande importancia no xogo interior do equipo, sendo regularmente o pivote titular.

En 2006 asinou coma axente libre cos Atlanta Hawks[1] por dous anos. O 16 de febreiro de 2008 foi traspasado aos Sacramento Kings xunto con Shelden Williams, Anthony Johnson, Tyronn Lue e unha segunda rolda do draft de 2008 a cambio do base Mike Bibby. O 5 de setembro de 2008 asinou contrato cos Cleveland Cavaliers, aínda que foi cortado do equipo.

Falecemento[editar | editar a fonte]

Wright deixou a casa da súa ex esposa en Memphis, Tennessee, o 18 de xullo de 2010, e xa non foi volto a ver máis. A súa familia presentou unha denuncia de desaparición o 22 de xullo. Despois que o cadáver de Wright fose atopado o 28 de xullo nunha zona boscosa preto da estrada de Callis Cutoff, ao oeste de Hacks Cross Road. O caso está a ser investigado como un homicidio. O corpo de Wright está enterrado no cemiterio Calvary de Memphis.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]