Macbeth de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMacbeth de Escocia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1005 Editar o valor em Wikidata
Morte15 de agosto de 1057 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Lumphanan Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIona Editar o valor em Wikidata
Monarca de Escocia
1040 – 1057
← Duncan I de EscociaLulach de Escocia →
Mormaer de Moray
1032 – 1057
← Gille Coemgáin de MorayLulach de Escocia → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Escocia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Moray Editar o valor em Wikidata
CónxuxeGruoch de Escocia (1032 (Gregoriano)–)
PaisFindláech de Moray Editar o valor em Wikidata  e Donalda de Alba Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Scotland-163 Find a Grave: 8886907 Editar o valor em Wikidata

Macbeth (en gaélico medieval: Mac Bethad mac Findlaích, en escocés: MacBheatha mac Fhionnlaigh, alcumado Rí Deircc, "o Rei Vermello";[1] c. 1005 e finado o 15 de agosto de 1057, foi rei de Escocia dende 1040 até a súa morte. Tiña o título de rei de Alba durante a súa vida, e gobernou só nunha parte da actual Escocia.

Sábese pouco dos primeiros anos de vida de Macbeth, mais era fillo de Findláech de Moray e puido ter sido neto de Malcolm II. Converteuse en Mormaer de Moray, un señorío semiautónomo, en 1032, e probablemente foi responsable da morte do anterior mormaer, Gille Coemgáin. Casou coa viúva de Gille Coemgáin, Gruoch, mais non tiveron fillos xuntos.

En 1040, Duncan I lanzou un ataque a Moray e morreu no combate a mans das tropas de Macbeth. Macbeth sucedeu no trono como rei de Alba, aparentemente con pouca oposición. O seu reinado de dezasete anos de duración foi na súa maioría pacífico, malia que no ano 1054 fixo fronte a unha invasión inglesa, liderada por Siward, conde de Northumbria, por orde de Euardo o Confesor. Macbeth morreu na batalla de Lumphanan en 1057 polas forzas leais ó futuro rei Malcolm III. Foi soterrado en Iona, o lugar tradicional de enterro dos reis escoceses.

Nun principio, Macbeth foi sucedido polo seu fillastro Lulach, mais Lulach gobernou só por uns meses antes de ser asasinado por Malcolm III, cuxos descendentes gobernaron Escocia até finais do século XIII. Macbeth é coñecido por ser a personaxe principal da traxedia de William Shakespeare Macbeth e polas numerosas obras que inspirou. Porén, o Macbeth de Shakespeare está baseado nas Crónicas de Holinshed (publicadas en 1577) e non historicamente exacto.

Predecesor:
Duncan I
Rei de Escocia
10401057
Sucesor:
Lulach

Notas[editar | editar a fonte]

  1. William Forbes Skene, Chronicles, p. 102.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]