Manel Loureiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManel Loureiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , avogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiManuel Loureiro Adán Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX4680203

Manel Loureiro Doval, nado en Pontevedra o 30 de decembro de 1975, é un avogado e escritor en castelán de literatura fantástica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente vive e traballa en Pontevedra, onde exerce a avogacía. Durante anos residiu en Santiago de Compostela, traballando como guionista e presentador de diversos programas da Televisión de Galicia.[1] É colaborador habitual da Cadena SER e Diario de Pontevedra[2], ABC, El Mundo,[3] Radio Nacional de España[4] e a revista GQ (edición española).

Desde 2016 ten unha sección no programa de La Cuatro Cuarto Milenio,[5] e desde 2020 na TVG.

É fillo de Manuel Loureiro Adán, que foi alcalde do Concello de Cotobade.

Traxectoria literaria[editar | editar a fonte]

A súa primeira novela, Apocalipsis Z, é un thriller que comezou como un blog en Internet, que foi publicada pola Editorial Dolmen en España en 2007[6] e posteriormente reeditada por Plaza&Janés. Tamén lanzou, financiado mediante crowdfunding, un xogo de mesa baseado nel.[7] As súas seguintes novelas, Los días escuros e La ira de los xustos foron publicadas por Plaza & Janés, editora do grupo Random House Mondadori. Estas dúas novelas continúan e completan a historia orixinada no Apocalipsis Z.

As súas novelas foron traducidas a máis de vinte idiomas.[8]​ Vendeu máis de 200.000 exemplares nos Estados Unidos.[9] Manel Loureiro é un dos poucos autores contemporáneos en castelán que conseguiu superar a barreira dos 200.000 exemplares vendidos no Estados Unidos , xunto con Juan Gómez-Jurado, Javier Sierra e Carlos Ruiz Zafón.[10]

A súa novela El último pasajero (Planeta, 2013) foi unha das máis vendidas de 2013 en España.[11] Ademais, a edición en inglés deste libro pasou unha semana no 'top' das vendas absolutas nos Estados Unidos, sendo a primeira vez que un autor español consegue situarse na lista de máis vendidos con reservas previas.[12]El último pasajero tamén é o único título dun autor non estadounidense que figura entre os 100 libros máis vendidos nos Estados Unidos.

Hai proxectos para adaptar algunhas das súas novelas ao cine.[13] A obra Apocalipsis Z foi acusada por un blog de plaxio en castelán de partes dunha web en inglés anteriores á novela, pioneira no esquema proposto por Loureiro.[14] Loureiro participa na iniciativa 1libro1euro nas redes sociais, que consiste nunha web na que varios autores poñen a disposición do público libros da súa autoría e piden unha doazón de 1 euro a favor de Save the Children.[15]

En La Puerta (2020) aparece o cadáver dunha moza asasinada mediante un antigo ritual diante da Porta do Alén, na terra do autor.

Ten declarado que Galicia é un personaxe omnipresente en todos os seus libros.[16]

Obra narrativa[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • En maio de 2024 gañou a XXVIII edición do Premio de Novela Fernando Lara, dotado con 120.000 euros, coa obra Cuando la tormenta pase. A acción desenvólvese na Illa de Ons.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ABC da la palabra a los escritores en un blog". Diario ABC (en castelán). 2012-04-26. Consultado o 2024-05-17. 
  2. Ficha sobre o autor na web sobre a novela El último pasajero (en castelán).
  3. "Los monstruos de Asunta no salieron del armario". ELMUNDO (en castelán). 2014-07-27. Consultado o 2024-05-17. 
  4. Pontevedra, Diario de (2021-01-19). "Manel Loureiro ficha por RNE". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2024-05-17. 
  5. cuatro.com (2016-04-04). "Programas de tv, series y televisión en Cuatro.com". Cuatro (en castelán). Consultado o 2024-05-17. 
  6. Eduxavi (sábado, octubre 27, 2007). "Trazos en el bloc: DOLMEN EDITORIAL PUBLICARÁ "APOCALIPSIS Z"". Trazos en el bloc. Consultado o 2024-05-17. 
  7. "apocalipsis z juego de mesa". verkami.com. 
  8. Zurro, Javier (2015-09-29). "Manel Loureiro, el Stephen King español que arrasa en EEUU". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2024-05-17. 
  9. "Manel Loureiro, exportador de misterios". www.elperiodico.com (en castelán). 2013-07-01. Consultado o 2024-05-17. 
  10. "Manel Loureiro (escritor y abogado) - Diputación Provincial de Huesca - dphuesca.es". www.dphuesca.es. Consultado o 2024-05-17. 
  11. "Manel Loureiro, líder de ventas de libros de terror con «The last passenger» en Amazon Estados Unidos". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-12-12. Consultado o 2024-05-17. 
  12. "Manel Loureiro, líder de ventas de libros de terror con «The last passenger» en Amazon Estados Unidos". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-12-12. Consultado o 2024-05-17. 
  13. PRESS, EUROPA (2014-12-12). "TELECINCO - televisión a la carta, series y entretenimiento". Telecinco (en Spanish). Consultado o 2024-05-17. 
  14. "Entrevista con Manel Loureiro". zombi-blogia.blogspot. 
  15. "Los zombies y la ciencia ficción llegan a un libro...". ancueva.com/literatura. 
  16. "Manel Loureiro, tras ganar el Premio de Novela Fernando Lara: «Galicia es un personaje omnipresente en todos mis libros»". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-05-17. Consultado o 2024-05-18. 
  17. "Manel Loureiro gana el Fernando Lara con una novela que se desarrolla en Ons". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-05-17. Consultado o 2024-05-17.