Manfred Gnädinger

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

'Man' en xullo de 1998

Manfred Gnädinger coñecido como Man (Dresde, 1940 - Camelle, 28 de decembro de 2002) foi un escultor e ermitaño de nacionalidade alemá que viviu durante corenta anos na praia de Camelle, onde creou unha peculiar paisaxe de pedra. Levaba unha vida simple vivindo da súa horta.

Índice

[editar] O escultor

En tanto como escultor pódese clasificar nas artes contemporáneas do Land art, e a arte marxinal.

[editar] A posteridade

Man chegou á costa galega en 1961. Viviu até á súa morte da axuda dos veciños e do que lle aportaba mostrar a súa arte nas rochas nas que habitaba (un euro por persoa no último ano máis a obriga de deseñar nun caderno o que máis chamase a atención). A súa morte, natural, vinculouse no imaxinario popular coa indignación provocada pola catástrofe do petroleiro Prestige e a marea negra que provocou.

Na súa memoria foi creado en Camariñas o Museo do Alemán, actualmente se atopa en estado de abandono [1].

[editar] Notas

  1. Manfred yace en el olvido

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Xoán Abeleira (2006), A pegada de Man, Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-464-4.
  • Cequera Bernardo: Manfred, o alemán de Camelle. Documental 60 minutos 2008

[editar] Ligazóns externas

  • Homenaxe a Man, completa páxina na súa memoria.
  • Vídeo, con datos biográficos e fotografías de Man.
Ferramentas persoais
Outras linguas