Organización
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0e/Organizaci%C3%B3n.jpg/220px-Organizaci%C3%B3n.jpg)
As organizacións son sistemas sociais deseñados para lograr metas e obxectivos por medio dos recursos humanos e doutro tipo.
Características[editar | editar a fonte]
Están compostas por subsistemas interrelacionados que cumpren funcións especializadas. Trátase dun convenio sistemático entre persoas para lograr algún propósito específico. Diríase que é un grupo social composto por persoas, tarefas e administración, que forman unha estrutura social sistemática de relacións de interacción, tendentes a produciren bens ou servizos para satisfacer as necesidades dunha comunidade dentro dun ámbito.