Patxi Villanueva
Patxi Villanueva | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacemento | 27 de xullo de 1965 | ||
Lugar de nacemento | Marcilla | ||
Posición | gardameta | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco Villanueva Medina, nado en Marcilla o 27 de xullo de 1965, é un exfutbolista navarro que xogaba na demarcación de gardameta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formado nas categorías inferiores do Celta de Vigo debutou co primeiro equipo o 24 de maio de 1981 antes o CD Logroñés no ano que o equipo celeste pasou en Segunda División B, convirtíndose no porteiro máis novo en debutar co Celta.
Militou doce tempadas no equipo, porén tivo unha gran competencia no posto durante toda a súa carreira que o relegaría durante gran parte dela á suplencia. Deu o salto definitivo ó primeiro equipo na tempada 1983/84 á sombra de Javier Maté, a quen lle arrebatou a titularidade no ano 1991, tempada do ascenso a Primeira División.
Porén de volta na máxima categoría o Celta ficha a un prometedor gardameta das categorías inferiores do Real Madrid, Santiago Cañizares, que sería indiscutíbel durante os dous anos que estivo en Vigo antes de volver a Madrid, nese tempo Villanueva apenas xogou dous encontros. Trala marcha de Cañizares volve contar coa oportunidade, disputando 27 encontros. Aínda estaría dúas tempadas máis, primeiro á sombra de Toni Prats e despois de Richard Dutruel.
O 25 de maio de 1997 disputou o seu último encontro co Celta en Liga, cunha grande actuación, parando o penalti que supuxera a expulsión de Dutruel e axudando a gañar ante o Real Valladolid e a dar un gran paso para a permanencia na máxima categoría.
Despois do Celta xogou no Levante UD, Gondomar CF e Peña Sport FC. Retirouse no ano 2001.
Tamén formou parte do equipo técnico do Celta coma adestrador de gardametas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Marcos L. Bacariza (22 de abril de 2008). "Patxi Villanueva". Yo jugué en el Celta (en castelán).
- "Tal día como hoy nacía Patxi Villanueva". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xullo de 2017.